Xunta de Galicia

Fabiola García sinala que as políticas de conciliación son chave para garantir a igualdade entre mulleres e homes

Fabiola García sinala que as políticas de conciliación son chave para garantir a igualdade entre mulleres e homes

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Lembrou que Galicia é pioneira na gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, tanto públicas como privadas, e que o vindeiro curso pechará o círculo educativo coa gratuidade das taxas universitarias para todos os alumnos

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta tarde no foro organizado polo medio dixital

no que sinalou que as políticas de conciliación son chave para garantir a igualdade entre homes e mulleres. Durante a súa intervención destacou que a Xunta de Galicia leva a dianteira no impulso de iniciativas que lle permitan ás familias non renunciar a nada por converterse en nais ou pais.Neste sentido, a conselleira destacou que o Goberno galego realiza un acompañamento das familias desde que nacen os seus fillos e ata que se fan maiores e gañan en autonomía. Este percorrido iníciase xa no hospital a través da Cesta Benvida, un apoio simbólico para trasladarlle ás nais e pais que a Xunta estará ao seu carón para acompañalos en cada etapa da súa maternidade e paternidade.Así mesmo, lembrou que para facer fronte aos primeiros gastos polo nacemento dun bebé, o Goberno galego impulsa a Tarxeta Benvida, unha axuda económica de entre 1.200 e 3.000 euros ao ano; e desde os dous últimos dous cursos académicos, Galicia impulsou de xeito pioneiro a gratuidade de todas as escolas infantís de 0 a 3 anos, tanto públicas como privadas, o que permite un aforro de máis de 3.000 euros ao ano por cada neno.Fabiola García tamén remarcou que este círculo se pechará o vindeiro curso 2024–25 coa gratuidade das taxas universitarias para todos os alumnos e durante todos os anos. Unha medida que de novo sitúa a Galicia como un referente a nivel nacional e que suporá un aforro medio de 3.000 euros ao longo de toda a carreira universitaria para as familias.A conselleira fixo fincapé en que estas políticas son as que garanten unha verdadeira igualdade xa que permiten que non existan motivos económicos, sociais ou culturais que leven ás mulleres a renunciar a súa carreira. Neste sentido, destacou que ao longo dos últimos anos Galicia desenvolveu unha especial sensibilidade neste ámbito que culminou o pasado ano coa aprobación da nova Lei de Igualdade de Galicia. Unha normativa que permitirá, entre outras cousas, crear os primeiros espazos urbanos libres de violencia e reforzar a igualdade no ámbito dixital.Entre os asistentes ao foro estiveron a deputada por Pontevedra e portavoz de Inclusión e Seguridade Social do grupo popular, Irene Garrido, o deputado por Lugo e exvicepresidente da Xunta, Francisco Conde, a deputada por Lugo Cristina Abades, a senadora por Ourense e presidenta da Comisión de Dereitos das Familias, Carmen Leyte, e o concelleiro de Políticas Sociais, Familia e Igualdade do Concello de Madrid, José Fernández.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

3:00H | 09 NOV 2024 | BOLETÍN