Xunta de Galicia

A Feira do Libro chega a Viveiro con máis de 40 iniciativas vencelladas á lectura

A Feira do Libro chega a Viveiro con máis de 40 iniciativas vencelladas á lectura

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Trátase da décimo primeira parada do circuíto cultural impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia

Os xardíns de Noriega Varela acollerán ata o mércores 15 de agosto propostas, como espectáculos, presentacións, sinaturas de libros e sesións de teatro infantís

Todas elas están inmersas no ‘CulturON’, o programa de actividades da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o verán

O ciclo de Feiras do Libro chega a Viveiro, impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia. O encontro, que supón a décimo primeira parada no percorrido por 13 localidades ata finais deste mes, prolongarase ata o mércores 15 de agosto nos xardíns de Noriega Varela.A cita inaugurouse coa lectura do pregón a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. Tras isto deuse comezo á ampla programación na que se inclúen máis de 40 actividades culturais como presentacións, sinaturas de libros, espectáculos musicais ou sesións de teatro infantís.A de Viveiro é a onceava parada do circuíto que este ano inclúe no programa 13 localidades e que se enmarca no

, o amplo abano de iniciativas culturais de todos os tipos e para todos os públicos impulsado neste verán pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con máis de 30 actividades diarias.Esta feira permanecerá aberta ao público nos xardíns de Noriega Varela ata o 15 de agosto, de 12,00 a 14,00 horas e de e de 18,00 a 22,00 horas, con máis dunha vintena de autores e autoras e con 13 librarías e editoriais. O calendario das Feiras do Libro continuará durante este mes coas últimas paradas en Foz (do 16 ao 19) e rematará en Monforte de Lemos (do 21 ao 24).Este tipo de iniciativas impulsadas polo Goberno galego a prol da lectura buscan dinamizar o sector libreiro e tamén a dar a coñecer a ampla produción literaria da Comunidade.Cómpre destacar que en 2022 a lectura era o terceiro hábito cultural máis frecuente en Galicia, ocupando o 63,9% da poboación, por detrás de escoitar música (88,8%) e ver televisión (88,9%). Cómpre destacar tamén outro dato, o da porcentaxe actual de persoas lectoras entre a poboación de 14 ou máis anos, que se sitúa no 96,9% e alude a aquelas que len algún tipo de material, en calquera formato ou soporte, polo menos unha vez ao trimestre.No que se refire especificamente á lectura de libros, se atendemos só a razóns de ocio, o 62,9% dos galegos le libros no seu tempo libre (é dicir, sen contar razóns de estudo ou traballo) polo menos unha vez ao trimestre e un 52,4% un mínimo dunha vez á semana. En canto á lingua, o 61,2% dos lectores maiores de 14 anos len en galego ben sexa de maneira habitual ou ocasionalmente.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 09 NOV 2024 | BOLETÍN