Xunta de Galicia

O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia pola Xunta supera os 1.000 M?, case o 90 % do publicado

O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia pola Xunta supera os 1.000 M€, case o 90 % do publicado

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que ademais Galicia “é a comunidade con maior tasa de resolución” dos fondos europeos, segundo datos do Ministerio de Economía

Subliña que “máis de 53.000 persoas e máis de 5.000 entidades” se beneficiaron xa desta financiación na comunidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou esta mañá de que a Xunta xa adxudicou 1.027 millóns de euros do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, case o 90% do importe publicado en convocatorias e licitacións.Ademais, a boa execución en Galicia tamén a confirma os datos do Ministerio de Economía, que indican, segundo sinalou Calvo, “Galicia é a comunidade con maior taxa de resolución dos fondos MRR: un 78,8%” (22,2 puntos máis que a media das CC.AA. e 20,2 puntos máis que a AXE).Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M?, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á Comunidade por PIB per cápita. Desa cantidade, a Xunta ten ingresados 1.453 M?. Hai que lembrar que estes fondos se poden executar ata o ano 2026.Na práctica, tal e como explicou o conselleiro, a Xunta está dando apoios “ amáis de 53.000 persoas e 5.000 empresas ou entidades locais” a través destes fondos. As actuacións concéntranse nas compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia relacionadas coa mobilidade sostible, as enerxías renovables, as políticas públicas para o mercado de traballo, a renovación e ampliación do Sistema Nacional de Saúde, a implantación da Axenda Urbana, a dixitalización, a modernización do sistema educativo, a economía dos coidados e a inclusión social.Pola súa banda, a dotación dos PERTE, cos que se financian os proxectos transformadores público–privados, dos máis de 41.000 M? anunciados e de xestión exclusiva do Goberno central, só se publicaron 20.593 M?, é dicir, o 50 %. A contía das resolucións ascende a 12.136 M?, o 59 % do publicado, destinándose só un 5,5 % a proxectos en Galicia (675 M?).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN