Xunta de Galicia
Lete anima ao milleiro de rapaces do campionato de España Sprint Infantil e Cadete a que sigan o exemplo dos once padexeiros olímpicos galegos de París
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
En tres das catro clasificacións –masculina infantil, feminina infantil e masculina cadete– lidera un equipo galego, o Club de Mar Ría de Aldán, mentres que na clasificación feminina cadete, o Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra transita pola segunda posición, polo que aposta por un pleno de vitorias galegas
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do LV Campionato de España Sprint Infantil e Cadete que terá lugar este fin de semana en Verducido como a cuarta e última proba da Liga Sprint de Xoves Promesas que tamén deu comezo no encoro de Pontillón do Castro coa disputa no pasado mes de xuño da I Copa de España de Piragüismo Sprint Cadete. As outras dúas probas que conforman a competición foron o LIV Campionato de España Cadete 5.000 metros en Cazalegas (Toledo) disputado o 6 e 7 de abril, así como o LIV Campioanto de España Infantil 3.000 metros no CEAR La Cartuja (Sevilla) celebrado o 27 e 28 de abril.Lete Lasa destacou o Complexo de Regatas David Cal de Verducido como unha “catedral do piragüismo galego, nacional e internacional ao que peregrinan moitos padexeiros para adestrarse e acadar a súa mellor versión”. Neste sentido lembrou que o Campionato de España Infantil e Cadete acollerá esta fin de semana a máis dun milleiro de rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos, dos que, o 37% (preto de 400) serán galegos. O mandatario galego recordou que en tres das catro clasificacións –masculina infantil, feminina infantil e masculina cadete– lidera un equipo galego, o Club de Mar Ría de Aldán, mentres que na clasificación feminina cadete, o Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra transita pola segunda posición, polo que amosou o seu convencemento de que poida haber un pleno de vitorias galegas.Lete Lasa animou aos cativos a seguir o exemplo dos once padexeiros –récord histórico– que terá Galicia nos vindeiros Xogos de París: Carlos Arévalo, Rodrigo Germade, Teri Portela, Sara Ouzande, Carolina García, Antía Jácome, Diego Domínguez, Pablo Crespo e Manu Ochoa nos olímpicos; así como Adrián Mosquera e Araceli Menduíña nos paralímpicos. Este aumento de nivel e de resultados, dixo o secretario xeral, vai parello á aposta que se realiza desde a Xunta de Galicia que, dende 2009, leva investidos no piragüismo galego uns 14 millóns de euros. Mentres en 2009, a achega da Secretaría Xeral para o Deporte era de medio millón de euros, hoxe supera os 1,5 millóns de euros anuais.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando