Xunta de Galicia

Lete Lasa destaca ao Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela como unha "referencia nacional" na súa visita ás instalacións de Pontepedriña

Lete Lasa destaca ao Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela como unha “referencia nacional” na súa visita ás instalacións de Pontepedriña

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Destaca que as licencias federativas de ximnasia triplicáronse dende 2009 ata chegar ás preto de 6.000 coas que contamos hoxe

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou no día de hoxe as instalacións do pavillón de Pontepedriña nas que adestra o Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela. O mandatario galego salientou a importancia dun club que vén de pechar unha tempada repleta de éxitos conseguindo numerosas medallas nacionais e internacionais en competicións de categoría como o Campionato de España, os Xogos do Mediterráneo ou o Campionato do Mundo de Ximnasia Estética de Grupo.O responsable da carteira autonómica de Deportes salientou a “referencia nacional que xa é o Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, tanto polo traballo que realizan día a día todos os que forman esta gran familia, así como pola gran cantidade de títulos e recoñecementos que conseguen os seus deportistas”. Neste sentido, Lete Lasa destacou o Campus de Verán que está a levar a cabo nestas semanas o club e que xa conta con nove anos de historia para preparar nas mellores condicións aos ximnastas para as primeiras competicións da tempada.O secretario xeral para o Deporte salientou a colaboración da Xunta de Galicia co club de ximnasia compostelán que nos últimos cinco anos recibiu máis de 35.000 euros nas diferentes liñas de axuda da Secretaría Xeral e subliñou a importancia de que a ximnasia rítmica e acrobática siga chegando aos máis cativos. Neste sentido lembrou como as licencias federativas de ximnasia triplicáronse dende 2009 ata chegar ás preto de 6.000 coas que contamos hoxe e animou aos nenos a que practiquen ximnasia para que pouco a pouco a súa porcentaxe se iguale coa feminina, que hoxe representa máis do 90%.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

3:00H | 09 NOV 2024 | BOLETÍN