Xunta de Galicia

López Campos destaca a "difusión dos fondos das nosas institucións en distintos espazos culturais"

López Campos destaca a “difusión dos fondos das nosas institucións en distintos espazos culturais”

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A exposición itinerante ‘Os traballos de Hércules’ reúne 16 gravados orixinais que foron realizados a partir dunhas pinturas ao fresco do artista italiano Luca Giordano

Trátase dunha das propostas do ‘CulturON’, o programa de verán do Goberno galego

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, convidou a redescubrir a historia da Real Academia Galega de Belas Artes coa exposición Os traballos de Hércules que inaugurou hoxe no Museo do Mar de Galicia en Vigo, xunto coa delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz. Trátase dun proxecto itinerante que se iniciou en Ribeira e que se enmarca na celebración do 175 aniversario da institución académica.O titular de Cultura do Goberno galego destacou a importancia “de difundir en distintos espazos culturais, en diferentes puntos de Galicia, os fondos das nosas institucións, facilitando a achega da arte e o coñecemento á poboación”. É por iso, dixo, que “desde a Consellería se fai unha grande aposta polas itinerancias, como é o caso desta mostra da colección da Real Academia Galega de Belas Artes que conta co apoio da Xunta”.Neste senso, López Campos aproveitou para volver felicitar á institución pola conmemoración da efeméride, como xa fixera durante un acto no Museo do Gravado de Artes en Ribeira o pasado mes de xuño, e reiterou o seu bo facer por amosar pezas da súa colección, neste caso 16 gravados orixinais, en distintos centros expositivos de Galicia. Así, a máxima de achegar a cultura a todo o territorio, lembrou, “está presente continuamente nas liñas de actuación da Administración autonómica, como se demostra coa programación de verán CulturON, co impulso da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia ou coa creación da Rede Adival de Dinamización Cultural no Rural”.As obras, que se poden contemplar no Museo do Mar de Galicia ata finais de agosto, foron copiadas da serie de pinturas ao fresco que o artista italiano Luca Giordano realizou no S.XVII nunha das salas do Palacio do Bo Retiro de Madrid por encargo de Carlos II. Entre as aventuras de Hércules que se representan nas pezas aparece a lenda co xigante Xerión ao que venceu na Coruña, triunfo en honor ao que se construíu a famosa Torre herculina.O mitolóxico Hércules tivo unha importante presenza na tradición e nas lendas sobre a monarquía hispana. Xa na Idade Media se coñece a súa presenza en España, recreando e ampliando as fazañas realizadas polo heroe na Península durante os seus famosos Doce Traballos.Durante o reinado de Felipe IV encargouse ao pintor estremeño Zurbarán a realización dunha serie de pinturas ao óleo co tema dos Traballos de Hércules, que decoraron o Salón de Reinos do Palacio do Bo Retiro en Madrid. Estas pinturas de 1634 están no Museo do Prado. Posteriormente, o rei Carlos II quixo adornar un dos salóns do mesmo Palacio encargando pinturas ao fresco ao artista italiano Luca Giordano coa mesma temática sobre Hércules.Os frescos foron restaurados no S.XVIII polo pintor José del Castillo e copiados en cadros ao óleo, conservados na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. A partir destes óleos creáronse os gravados para a Calcografía Nacional, que son os que se atopan na Colección de Gravados propiedade da Real Academia Galega de Belas Artes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados