Xunta de Galicia
López Campos destaca en Ortigueira a "diversidade de manifestacións culturais" que ofrece o verán galego
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Este certame musical, un dos máis consolidados dos meses de estío en Galicia, é un referente do folk a nivel mundial, atraendo a multitude de público internacional
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, achegouse hoxe a Ortigueira para gozar dun dos acontecementos “con maior recoñecemento e máis consolidados da programación do verán galego”, segundo destacou durante a súa estancia na localidade coruñesa onde se celebra desde o xoves e ata mañá o Festival Internacional do Mundo Celta.Neste senso, o titular de Cultura da Xunta, referiuse á “diversidade de manifestacións culturais que atopamos no marco da programación estival do
, que este ano volvemos poñer en marcha con presenza de actividades en máis de 200 concellos”. Así, reiterou que esta cita “que xa vai máis alá da música”, dixo, “representa unha das propostas más arraigadas no noso territorio e recoñecidas fóra del, sendo un referente internacional do folk e un dos certames máis multitudinarios de España”.O festival conta hoxe en día cos galardóns de Interese Turístico Nacional e Internacional, tras unha historia que comezou en 1978 por iniciativa da Escola de Gaitas de Ortigueira. Alá polo ano 2000 arrancou unha nova evolución ata converterse na referencia que é hoxe, aglutinando cada ano un cartel musical de gran nivel e numerosas actividades paralelas. O certame supón unha celebración da tradición e da innovación musical, cunha programación que abrangue tanto grupos consagrados como novas voces do panorama folk internacional.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando