Xunta de Galicia
Lorenzana destaca o papel do novo Consello Galego de Seguridade Industrial para facilitar a actividade empresarial e lograr unha maior interlocución coas empresas
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A conselleira subliñou que a creación deste órgano permitirá resolver as problemáticas actuais no menor tempo posible
Será unha ferramenta máis para avanzar na solvencia, atracción e competitividade de Galicia a través da súa industria
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou hoxe o papel do Consello Galego de Seguridade Empresarial como un foro para facilitar a actividade empresarial e potenciar a seguridade industrial.Lorenzana asistiu hoxe ao acto de constitución deste novo órgano, un compromiso dos primeiros 100 días de goberno, onde explicou que “se trata de ter unha maior interlocución coas empresas, os colexios e coas asociacións para coñecer as problemáticas actuais e ser prácticos nas solucións”.A creación deste Consello supón avanzar e dar un paso máis no compromiso da Xunta coa seguridade industrial. Hai que lembrar que o Goberno galego aprobou xa un programa extraordinario de medidas para este ano que reforza as actuacións anuais recollidas no plan de inspección ordinario. O plan extraordinario permitirá colaborar coas empresas e cos traballadores e traballadoras na detección de posibles incidencias que poidan supoñer algún risco e fortalecer a seguridade industrial na Comunidade Autónoma. “Trátase de resolver problemas e de resolvelos no menor tempo posible dentro dos prazos que nos ofrece a lexislación”, sinalou a conselleira.Este novo órgano será unha ferramenta máis para avanzar na solvencia, atracción e competitividade de Galicia a través da súa industria, pois investir en seguridade industrial é sinónimo de protexer ás persoas e ao medio ambiente, minimizar riscos de sinistros e mellorar a eficiencia e operativa das empresas.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando