Xunta de Galicia

Lorenzana remarca a aposta pola industria aeroespacial coa súa integración na política industrial da Xunta

Lorenzana remarca a aposta pola industria aeroespacial coa súa integración na política industrial da Xunta

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Apunta que se trata dun sector cunhas enormes posibilidades de crecemento, que achega un indubidable valor engadido á industria galega en termos de innovación tecnolóxica, competitividade, diversificación e emprego cualificado

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarcou hoxe que un dos obxectivos desta lexislatura é dar un novo impulso ao sector aeroespacial en Galicia, de aí a súa integración como sector estratéxico na política industrial do Goberno galego.Lorenzana visitou hoxe as instalacións de Centum Research&Technology, especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas ?como é o LifeSeeeker– que optimizan as operacións de rescate de persoas en zonas difíciles e que desenvolven a comunicación en contornas críticas. Unha empresa que participa no polo aeroespacial de Galicia (Civil UAVs Initiative) e que cualificou como “un caso de éxito”.A industria aeroespacial está nun momento de enormes expectativas de crecemento, dixo Lorenzana, que o considerou un sector que achega un indubidable valor engadido á industria galega, en termos de innovación tecnolóxica, competitividade, diversificación e emprego cualificado. Segundo apuntou, contribúe ao PIB nacional cun 6 por cento e só en Galicia conta con máis de 1.600 persoas traballadoras. Lorenzana lembrou que a Civil UAVs Initiative depende agora da secretaría Xeral de Industria, como unha forma de integrar o sector na política industrial do Goberno galego, onde potenciar a innovación vai ser esencial como elemento clave para atraer talento e novos investimentos cara á industria galega.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín