Xunta de Galicia
Lorenzana salienta a aposta da Xunta por reforzar as competencias da xera en materia de I+D
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O CIS–Madeira é un dos dous centros de investigación adscritos á Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) xunto co Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, recentemente incorporado
A Xera tamén vai contar cunha Área de Información Forestal, que é a encargada de facer os labores estatísticos e de información necesarios para a toma de decisións
Lorenzana destaca que o Inventario Forestal de Galicia presentado onte ratifica a necesidade de pechar o ciclo da cadea de valor ligado á transformación da madeira na Comunidade, un dos obxectivos nos que vai afondar o plan director que a Xunta está elaborando para o sector
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, puxo hoxe de manifesto a aposta da Xunta por reforzar as competencias da Axencia da Industria Forestal de Galicia (Xera) en materia de I+D, para dar valor engadido ao sector e mellorar a calidade da madeira.Lorenzana visitou hoxe o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS–Madeira), un dos dous centros de investigación cos que conta a Axencia Galega da Industria Forestal xunto co Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, que recentemente se acaba de incorporar á estrutura da Xera buscando coordinar desde aí o labor de investigación e innovación que vén facendo en Galicia a cadea forestal–madeira.O CIS Madeira leva case 30 anos prestando servizos de apoio a toda a cadea monte–industria. Destacan, por exemplo, os traballos que vén realizando para a valorización de frondosas; a preservación do patrimonio histórico en madeira; o fomento das aldeas modelo e as comunidades enerxéticas baseadas na biomasa; a investigación sobre a resiliencia dos bosques ao cambio climático; ou no eido da economía circular, en cooperación co Centro de Excelencia en Economía Circular do Norte da Eurorrexión.Sobre a nova estrutura da Xera, Lorenzana tamén destacou que vai contar cunha Área de Información Forestal, que é a encargada de facer os labores estatísticos e de información necesarios para a toma de decisións; e, tamén, responsable da posta en marcha do mercado voluntario de créditos de carbono que recolle a futura Lei de Recursos Naturais de Galicia.Neste contexto, referiuse ao novo Inventario Forestal Continuo que elabora cada ano a Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia. “Sabemos que os piñeiros e as frondosas duplican a superficie de eucaliptos, e algo importante é que hai suficientes recursos en Galicia para uso industrial”, dixo ao respecto.Ademais, tamén sinalou que este estudo ratifica a necesidade de seguir traballando para pechar en Galicia o ciclo da cadea de valor ligado á transformación da madeira, un dos obxectivos nos que vai afondar o plan director que a Xunta está elaborando para o sector forestal. “É a liña na que queremos continuar: intensificando a investigación e mellorando, polo tanto, a calidade do noso produto, da madeira, e pechando o ciclo produtivo”, concluíu a conselleira, agradecendo ao persoal do CIS–Madeira o traballo que leva realizando ao longo destes anos.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando