Xunta de Galicia

Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva

Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Confírmase de novo un máximo histórico de peticións que avala o interese destas ensinanzas en Galicia

O 56% dos 821 ciclos ofertados xa están completos na primeira adxudicación de prazas que se vén de resolver

As persoas adxudicatarias teñen de prazo ata o día 22 para confirmar a matrícula

Un total de 54.151 persoas veñen de presentar solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional en Galicia o vindeiro curso, o que representa un incremento do 5,24% (2.697 solicitudes máis) con respecto ao curso 2023–24. Estas cifras supoñen acadar de novo un máximo histórico que confirma o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia , con 2.697 solicitudes máis.Os datos recabados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, logo da primeira adxudicación de prazas que dá dereito a matrícula, constatan unha suba xeneralizada en todas as modalidades, tanto ciclos ordinarios como FP Dual Intensiva, FP Básica, FP a distancia ou másteres e especializacións. Os incrementos máis acusados concéntranse nos másteres de FP, que medran preto dun 60% (1.050 solicitudes recibidas) e nos ciclos de FP Dual Intensiva (a nova denominación da antiga FP Dual), cun crecemento do 20,49% de solicitudes ata acadar as 3.376. Destaca tamén o crecemento de peticións na modalidade semipresencial e a distancia, cun 13,43% máis (14.486 en total recibidas).Dos 821 ciclos totais ofertados en réxime ordinario xa están completos 457 (o 55,66%), mentres que en outros 364 quedan prazas vacantes. No caso dos ciclos de grao medio esgotaron prazas un total de 208 ciclos (51,49%) mentres que outros 196 aínda dispoñen de prazas. En grao superior, 249 (55,66%) cubriron prazas mentres que outros 364 aínda dispoñen de vacantes para as sucesivas adxudicacións.

Ciclos completos208 (51,49%)249 (59,71%)457 (55,66%)Ciclos con vacantes196 (48,51%)168 (40,29%)364 (44,34%)

A Coruña896812055332Lugo14431736110Ourense1826182082Pontevedra87599457297

Cómpre ter en conta que cada persoa pode presentar solicitude ata en catro prazas en ciclos ordinarios, FP Básica e másteres. No réxime de persoas adultas, tanto presencial como a distancia, pode haber ata catro peticións por centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha.Entre os ciclos máis demandados atópanse os das familias Sanidade, onde o cen por cen das prazas xa foron cubertas nesta primeira adxudicación, de Actividades físicas e deportivas, Imaxe e son e Téxtil, confección e pel.Desde hoxe ata ao 22 xullo ás 13,00 horas o alumnado deberá confirmar ou renunciar a praza adxudicada, xa que de non facelo quedará excluído do procedemento. Froito desta posibles renuncias, é posible que ciclos que neste momento figuran como completos, a partir do día 22 pasen a dispoñer de prazas dispoñibles, aínda que a maioría dispoñe de persoas en listaxe de agarda.Do 27 ao 31 de xullo terá lugar a segunda fase de adxudicación e matriculación, que seguirá un proceso similar. Unha vez concluída a terceira fase xa en setembro, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00h | 27 nov 2024 | boletín