Xunta de Galicia
Mañá abre o prazo para que as escolas infantís privadas e de iniciativa social se adhiran á gratuidade o vindeiro curso
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O próximo ano 2025, estes centros comezarán a aplicar por vez primeira uns criterios de acceso homoxéneos, dándolle prioridade ás familias nas que os dous proxenitores traballan, entre outras
O Goberno galego destina 45,7 millóns de euros de fondos propios a financiar a gratuidade nestes centros
O
(DOG) publica hoxe a orde de axudas para financiar a gratuidade nas escolas infantís privadas e de iniciativa social. Unhas axudas que consolidarán a gratuidade dos centros de 0–3 anos e ás que o Goberno galego destina 45,7 millóns de euros de fondos propios. Os centros contan cun mes, contado a partir de mañá, para acollerse a esta medida.Entre estes centros e os de titularidade pública, tanto os propios da Xunta como os que dependen dos concellos, porase á disposición das familias preto de 32.000 prazas de balde, polo que, un curso máis terán cuberta a atención educativa dos seus fillos un máximo de oito horas ao día e durante once meses sen custo algún para elas.Con esta medida, Galicia consolídase como unha Comunidade pioneira na implantación da gratuidade, un proceso que iniciou no curso 2019–2020 para as familias con dous ou máis fillos e que no curso 2022–2023 se ampliou ao 100% do alumnado.Esta nova orde de axudas ten como novidade que todas as escolas de 0 a 3 privadas e de iniciativa social aplicarán os mesmos criterios de preferencia no acceso, dándolle prioridade ás familias con irmáns na escola, a fillos de traballadores do centro e a familias nas que traballan os dous proxenitores ou o proxenitor no caso de familias monoparentais. Esta novidade comezará a aplicarse o vindeiro ano 2025 de cara ao curso académico 2025–26.Ademais, mantense o abono de tres anticipos ás escolas para axudas no mantemento da gratuidade. O primeiro deles será do 100% da cantidade correspondente ao período de setembro a decembro de 2024, para que os centros dispoñan da liquidez ao inicio do curso. O segundo anticipo será do 45% do importe da achega e efectuarase a comezos de 2025 para o período de xaneiro a marzo e o terceiro, da mesma contía, para os meses de abril a xullo. O 10% restante aboarase ao remate do curso.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando