Xunta de Galicia

María José Gómez reafirma en Mazaricos, líder en produción de leite en Galicia, o apoio da Xunta ao sector lácteo

María José Gómez reafirma en Mazaricos, líder en produción de leite en Galicia, o apoio da Xunta ao sector lácteo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A conselleira do Medio Rural, que visitou a CUMA de Xallas e Barcala e mantivo un encontro con gandeiros, salientou que este concello produciu no 2023 máis de 136 millóns de litros de leite

Gómez insistiu en apelar á colaboración e o entendemento entre todos os axentes da cadea de valor do sector para traballar a prol da redución do diferencial existente entre o prezo do leite galego e o do resto de España

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou as instalacións da CUMA de Xallas e Barcala e tamén mantivo un encontro con gandeiros de Mazaricos e da súa bisbarra. Ambas xuntanzas serviron para avaliar a situación actual e as perspectivas de futuro do sector leiteiro. A conselleira reafirmou o apoio da Xunta a este eido clave do agro galego e que ten un peso moi importante na comarca do Xallas.Neste sentido, María José Gómez puxo en valor o feito de que Mazaricos sexa o primeiro concello galego en produción de leite, con máis de 136 millóns de litros entregados a primeiros compradores, segundo datos correspondentes a 2023 do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).Na mesma liña, a conselleira insistiu –como xa fixo a pasada semana nun encontro coas organizacións profesionais agrarias– en apelar á colaboración entre todos os axentes da cadea de valor do sector para traballar a prol da redución do diferencial existente entre o prezo do leite galego que perciben os produtores e o do resto de España.En parecidos termos, Gómez avogou de novo por manter o equilibrio e a estabilidade no sector como mellor fórmula para favorecer a remuda xeracional e para consolidar a posición de liderado nacional de Galicia neste eido produtivo, tanto en número de gandeiros como na produción, que segue medrando.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN