Xunta de Galicia

Medio Rural presenta o plan de transferencia tecnolóxica para ampliar a formación no sector

Medio Rural presenta o plan de transferencia tecnolóxica para ampliar a formación no sector

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Este plan, elaborado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, conta cun orzamento de 105.000 euros para 2024

Estes fondos económicos teñen como obxectivo manter ao sector agrario actualizado para o desempeño do seu traballo a través de xornadas técnicas, mesas redondas e outra accións formativas

Poderán asistir a estas formacións agricultores, gandeiros, silvicultores con producións con orientación comercial ou con expectativa de incorporación, incluídos os membros da compañía familiar e as persoas asalariadas das explotacións

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, acaba de presentar o plan de transferencia tecnolóxica para o agro galego, que conta cun orzamento de 105.000 euros para 2024 cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023–2027.Estes fondos económicos teñen como obxectivo manter ao sector agrario actualizado para o desempeño do seu traballo a través de xornadas técnicas, mesas redondas, simposios, seminarios temáticos ou outras accións divulgativas que se celebrarán principalmente nos centros de formación e experimentación agraria, así como nos centros de investigación dependentes da Consellería. Así, impulsaranse, entre outras, accións vencelladas cos sectores lácteo e cárnico, a viticultura e a apicultura. Tamén se realizarán xornadas transversais orientadas ao emprendemento no sector primario.Poderán asistir a estas formacións agricultores, gandeiros, silvicultores con producións con orientación comercial ou con expectativa de incorporación, incluídos os membros da compañía familiar e as persoas asalariadas das explotacións. Tamén poderán inscribirse os asalariados das empresas de servizos agrarios e da industria transformadora.As persoas interesadas en realizar unha presolicitude terán que solicitala de xeito telemático a través da seguinte

, inserindo o código do curso ou seleccionando nas seccións de búsqueda habilitadas. As datas e lugares de impartición dos cursos anunciaranse proximamente, unha vez se acade o mínimo de 10 persoas preinscritas para a acción formativa solicitada. Tamén se poden consultar

outros cursos que oferta a Axencia.Ligazón á preinscrición:

Ligazón á oferta formativa:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

12:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN