Xunta de Galicia

Medio Rural salienta os beneficios para os concellos do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con máis de 19 M? para 2024 e 2025

Medio Rural salienta os beneficios para os concellos do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con máis de 19 M€ para 2024 e 2025

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

María José Gómez fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros no período 2016–2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas

A titular de Medio Rural destacou que a provincia da Coruña foi a que máis achegas obtivo por parte da Consellería

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola alcaldesa do concello de Teo, Lucía Calvo, visitou hoxe esta localidade coruñesa e salientou alí o investimento do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. En concreto, no marco desta convocatoria, está prevista unha actuación no concello de Teo. O financiamento faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023–2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación.O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural xa que o fortalecemento das infraestruturas facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación. Así, estas axudas promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños que forman parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Nesta liña, o Plan de mellora de camiños permite garantir e potenciar o tránsito de vehículos e maquinaria.Durante o período 2016–2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais e a provincia da Coruña foi a que máis importe económico recibiu desta iniciativa na etapa mencionada, superando os 40 millóns de euros, e polo tanto, na que máis actuacións se produciron.Gómez engadiu que a través de iniciativas coma esta, “a Xunta mantén o compromiso coa promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego”. O Plan de mellora de camiños rurais ten unha traxectoria que se remonta a 2013 e este ano, por primeira vez, compleméntase co Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros.En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños rurais repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN