Xunta de Galicia

O Museo Catedralicio de Mondoñedo exhibe unha peza de cerámica de época baixoimperial cedida pola Xunta

O Museo Catedralicio de Mondoñedo exhibe unha peza de cerámica de época baixoimperial cedida pola Xunta

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Foi descuberta nunha escavación financiada polo Goberno galego no 2017 e presenta unha inscrición interpretada como un Crismón arcaico

A Xunta de Galicia entregou ao Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo unha antiga peza de cerámica descuberta nun xacemento da localidade no ano 2017. No acto, celebrado hoxe na Catedral, participaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o bispo de Mondoñedo–Ferrol, Fernando García Cadiñanos, entre outros.O fragmento é parte dunha cunca e presenta no seu fondo un grafito con sete liñas incisas radiais, interpretadas como a representación dun Crismón arcaico, segundo figura na memoria da intervención. Neste sentido, constituiría o achado máis antigo indicativo da presenza do cristianismo en Mondoñedo.Apareceu nunha escavación financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na zona dos Castros, na parte alta da área urbana de Mondoñedo, nun contexto habitacional con abundantes fragmentos de cerámica tardía e cunha moeda que, polas súas características, parece corresponder á época baixoimperial ou comezos da medieval, entre os séculos V e VI.O Museo do Castro de Viladonga, que depende da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, custodiaba a peza que agora cede ao Museo catedralicio de Mondoñedo, inicialmente durante cinco anos prorrogables de xeito automático por períodos iguais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN