Xunta de Galicia

A Policía Autonómica levanta oito actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado nas festas de Monforte

A Policía Autonómica levanta oito actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado nas festas de Monforte

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os axentes identificaron tamén 56 persoas e interviñeron substancias estupefacientes

Axentes da xefatura provincial da Policía Autonómica en Lugo, en colaboración coa Policía Nacional, levaron a cabo un dispositivo conxunto de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o pasado 12 de agosto, no marco das festas da Virxe de Montserrat en Monforte de Lemos. Como resultado das inspeccións identificáronse 56 persoas e levantáronse oito actas de infracción. A maiores, interviñéronse diversas substancias estupefacientes.Seis das oito actas foron por consumo de alcohol por parte de menores e unha a un establecemento por venta de alcohol a menores con infraccións, en todos estes casos, tanto da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, como da Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade. Ademais, rexistrouse outra acta de infracción da Lei Orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá, por tenencia de sustancias estupefacientes na vía pública.O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e o subministración a menores de idade, tanto en locais de ocio como bares, pubs ou discotecas coma en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecementos expendedores de alcohol e tabaco. Tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito.A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de ocio frecuentadas por menores de idade. Os obxectivos pasan por acadar que os establecementos se axusten á normativa en materia de alcohol e tabaco, pero tamén moi especialmente que os menores de idade adopten pautas de conduta saudables, evitando o consumo destes produtos a idades temperás polas importantes repercusións para a saúde que teñen estes consumos na mocidade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN