Xunta de Galicia
Preto de 400 médicos colaboran de forma voluntaria no Plan de reforzo da asistencia sanitaria do verán posto en marcha pola Xunta
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
O Goberno galego destina 12,5 millóns de euros a un programa de cobertura estival formado por medidas ordinarias e extraordinarias para asegurar a calidade da asistencia sanitaria de forma compatible co descanso dos profesionais
Nas reunións mantidas cos equipos directivos das diferentes áreas sanitarias, o conselleiro de Sanidade comprobou que o operativo deseñado está a funcionar segundo o establecido
Constatouse que o 100% das camas está dispoñible para ser empregado se así o require a demanda asistencial, estando xa operativo un 10% máis das usadas o pasado verán
Antonio Gómez Caamaño trasladou unha mensaxe de agradecemento para todo o persoal que está a colaborar neste dispositivo asistencial nas 7 áreas sanitarias
Preto de 400 médicos están a colaborar de forma voluntaria no Plan de reforzo estival posto en marcha pola Xunta para garantir a asistencia sanitaria no período de vacacións dos profesionais.O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, visitou esta semana as sete áreas sanitarias para revisar cos respectivos equipos directivos o funcionamento do Plan de cobertura sanitaria no verán e abordar o dispositivo asistencial disposto para a próxima ponte festiva.O conselleiro tratou cos responsables das áreas a situación e o dispositivo de gardas de urxencias hospitalarias e extrahospitalarias, así como as camas de hospitalización, que están dispoñibles ao 100% para seren usadas se así o require a demanda asistencial.A planificación e previsión de camas hospitalarias no verán realízase en función de estudos exhaustivos de actividade de anos anteriores e tendo en conta a responsabilidade principal da sanidade pública de garantir a calidade asistencial dos pacientes, sendo este ano máis dun 10% superior á da actividade que se realizou o pasado ano.Nas xuntanzas, o conselleiro puido comprobar que a presión asistencial nos hospitais está no mesmo nivel que outros anos e que, en virtude do plan posto en marcha pola Xunta, se acometeu unha reordenación provisional, puntual e xustificada de determinados servizos para concentrar a asistencia sanitaria en centros de referencia e poder así cubrir a máis pacientes e durante un horario máis amplo.A Consellería de Sanidade elabora anualmente unha planificación na que se organizan os recursos para esta época do ano, tanto a nivel humano como a nivel de infraestruturas, ao tratarse dun período no que o dereito á prestación sanitaria se mestura co que teñen os traballadores da sanidade pública galega de gozar das súas merecidas vacacións.En concreto, neste verán, a Xunta puxo en marcha un Plan de cobertura estival con medidas ordinarias e extraordinarias e unha partida de 12,5 millóns de euros co fin de garantir a calidade da asistencia sanitaria, máis tendo en conta o contexto xeneralizado de falta de profesionais sanitarios nas listas de contratación, un problema de responsabilidade do Goberno de España.Así, a Xunta impulsou unha bolsa de voluntarios para a cobertura dos Puntos de Atención Continuada; un programa especial de apoio á atención primaria por parte do persoal do 061; unha oferta de mobilidade temporal e voluntaria cara a aqueles centros que precisen reforzos; e a encomenda de funcións aos médicos residentes de cuarto curso, para que poidan axudar no verán de xeito voluntario, incentivado e baixo supervisión.Deste xeito, reforzáronse os centros de saúde, os PAC e urxencias hospitalarias con 111 médicos residentes, 104 de medicina familiar e comunitaria e 7 de pediatría, que se sumaron á encomenda realizada polo Sergas nos últimos meses da súa formación. Tamén na bolsa de voluntarios aberta para o reforzo das coberturas hai agora mesmo anotados arredor de 300 profesionais e 21 médicos do 061 están participando no programa de reforzo da Xunta.En base a este operativo, a cidadanía galega ten garantida a atención sanitaria, porque ou ben é atendida no seu propio centro de saúde, ou hai un médico que se despraza, ou se lles asigna un centro de referencia da contorna. Ademais, disponse dos recursos asistenciais de urxencias, tanto nos puntos de atención continuada como nos propios hospitais, ademais do servizo que presta o 061 en toda Galicia.Nas reunións, o conselleiro de Sanidade trasladoulles aos equipos directivos unha mensaxe de agradecemento para todo o persoal que está a colaborar neste dispositivo asistencial para o verán, pola súa profesionalidade e implicación.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando