Xunta de Galicia
Representantes do sector da pesca de Costa Rica e Perú visitan Galicia nunha xira formativa organizada por Cetmar
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A visita de tres docentes do Instituto Nacional de Aprendizaxe (INA) costarricense e dun investigador do Instituto do Mar peruano (Imarpe) está prevista do 1 ao 12 de xullo
A acción desenvólvese no marco do programa “Adelante 2”, financiado polo Fondo de Cooperación Triangular Unión Europea–Costa Rica–América Latina e O Caribe
O fortalecemento dos actores clave da pesca de Costa Rica e Perú é o obxectivo do proxecto que, financiado polo Fondo de Cooperación Triangular Unión Europea–Costa Rica–América Latina e O Caribe, está a desenvolver o Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar, e que traerá a Galicia a representantes do sector nunha xira formativa que se desenvolverá do 1 ao 12 de xullo.Tres docentes do Instituto Nacional de Aprendizaxe (INA) de Costa Rica e un investigador do Instituto do Mar de Perú (Imarpe) forman parte da delegación que durante doce días terá a oportunidade de coñecer a organización da administración e do sector pesqueiro galegos, o sistema de formación marítimo–pesqueira vencellada ás artes de pesca, a trazabilidade dos produtos da pesca artesanal e a relación entre este sector e o turismo.A axenda organizada pola Fundación Cetmar inclúe entrevistas con representantes da Consellería do Mar o pasado martes 2 de xullo e con responsables da Inspección Pesqueira da Xunta de Galicia no día de hoxe, xornada na que tamén está prevista unha visita ao Porto de Vigo pola tarde. Ademais deste coñecerán o Porto de Cangas e ás lonxas de Campelo e Cambados, xunto coa de Vigo, esta o día 11.O programa previsto complétase con visitas a centros de formación marítimo–pesqueira como A Aixola en Marín o día 5 de xullo e a asociacións e colectivos vencellados ao sector pesqueiro galego, entre outras.Persoal do Centro Tecnolóxico do Mar acompañará á delegación en todo momento e traballará cos docentes do INA e co investigador do IMARPE na identificación das fortalezas e debilidades en materia de artes e métodos de pesca selectivos e amigables cos ecosistemas, nos que se centra a labor conxunta das tres institucións neste proxecto, que busca así a mellora da cadea produtiva de valor da pesca artesanal.O proxecto daba comezo a finais de 2023 co obxectivo de capacitar ao sector pesqueiro costarricense no uso de artes de pesca sostibles, ademais de deseñar un módulo de capacitación para pescadores costarricenses e realizar unha avaliación das artes utilizadas na zona.Esta capacitación desenvólvese nos tres países que forman parte desta cooperación triangular: Costa Rica, a través do INA, como país beneficiario, e Perú, a través do Imarpe, e España, a través de Cetmar, como países oferentes. O proxecto finaliza en decembro de 2024.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando