Xunta de Galicia

Román Rodríguez anuncia a licitación por máis 1,6 M? da primeira fase da rehabilitación do Centro Integrado de FP Manuel Antonio

Román Rodríguez anuncia a licitación por máis 1,6 M€ da primeira fase da rehabilitación do Centro Integrado de FP Manuel Antonio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Educación presenta a actuación que se licita hoxe mesmo e que se prevé completar a partir de 2025 cunha reordenación e incremento de espazos

“O obxectivo é dar resposta ás necesidades deste centro de referencia, mellorando o confort dunha comunidade educativa de máis de 1.550 alumnos e preto de 150 docentes”, di o conselleiro

Enmarca esta actuación no compromiso da Xunta co impulso á FP na área máis industrial de Galicia, “a única que oferta máis de 10.000 prazas novas“

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe o Centro Integrado de FP Manuel Antonio de Vigo co gallo da licitación das obras de rehabilitación, que constitúen a primeira fase da remodelación deste centro. Neste senso, explicou que o investimento desta primeira actuación superará os 1,6M?, co obxectivo de renovar e adaptar as infraestruturas do edificio.A previsión é adxudicar a obra no mes de outubro, comezala en novembro e rematala para o verán 2025. A partir dese momento, a finais de 2025, a Consellería poderá xa licitar a segunda fase da actuación, para a ampliación e reordenación de espazos do centro.O titular do departamento educativo da Xunta explicou que o obxectivo desta obra “é dar resposta ás necesidades deste centro de referencia na FP en Galicia, mellorando principalmente as súas cubertas e accesibilidade”. “O CIFP Manuel Antonio conta cunha comunidade educativa conformada por máis de 1.550 alumnos e preto de 150 docentes, e a finalidade última desta actuación é que redunde no confort diario de todos eles”, destacou o conselleiro.Román Rodríguez enmarcou esta actuación no compromiso da Xunta co impulso á FP na área máis industrial de Galicia. “Non en balde, para o curso que vén a de Vigo é a única área que oferta máis de 10.000 prazas novas en ciclos e másteres de FP”, destacou durante a visita, na que tamén participou a directora xeral de FP, Eugenia Pérez. De feito, o CIFP Manuel Antonio suma á súa oferta tres novos ciclos na modalidade dual intensiva, en concreto o de grao medio en Servizos en restauración, e os de grao superior en Dirección de cociña e en Procesos e calidade na industria, que suman 66 prazas.Esta primeira fase consistirá na limpeza e reparación dos 5.500 m² de cubertas, ás que se aplicará tamén impermeabilización e illamento, e a substitución dos lucernarios. Deste xeito solucionaranse os actuais problemas de estanqueidade do centro.Por outra banda, mellorarase a accesibilidade do edificio que alberga a área sanitaria–química mediante a instalación dun ascensor no seu vestíbulo, así como coa habilitación de aseos adaptados. A maiores, acometerase unha redistribución dos laboratorios.A obra enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, un programa posto en marcha polo Goberno galego para renovar os colexios, institutos e centros de FP, co fin de adaptalos ás esixencias actuais. O programa ten como obxectivo reformar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados