Xunta de Galicia

Román Rodríguez e Miguel Corgos asisten ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que pon en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos en Agolada

Román Rodríguez e Miguel Corgos asisten ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que pon en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos en Agolada

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e mais o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiron hoxe ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que se celebra ao longo de toda a fin de semana en Agolada para poñer en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos na localidade do Deza.Os conselleiros visitaron o centro expositivo e de actividades onde teñen lugar showcookings de recoñecidos chefs galegos do Grupo Nove, así como catas e un obradoiro de decoración. Os Pendellos consolídanse como un motor de emprego e de dinamización socioeconómica, así como un vehículo de conservación e transmisión da tradición, a cultura e a promoción turística de Galicia.O Corazón da Artesanía é un encontro multidisciplinar orientado a enxalzar e contribuír ao desenvolvemento integral dos oficios artesanais, especialmente dos máis tradicionais, e dos valores da artesanía. Na edición deste ano participan máis de 50 profesionais da Artesanía de Galicia, así como expositores de produtos gourmet e nel celébranse demostracións de artesanía en vivo, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, música en directo e actividades para os nenos e nenas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

11:00H | 05 OCT 2024 | BOLETÍN