Xunta de Galicia

Román Rodríguez pon a Gradiant de exemplo de impacto económico e social coa creación de tres spin-offs

Román Rodríguez pon a Gradiant de exemplo de impacto económico e social coa creación de tres spin-offs

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Ciencia visita o centro tecnolóxico de telecomunicacións para coñecer os proxectos que está a desenvolver co apoio da Xunta

Destaca a súa participación no programa Ignicia de transferencia de coñecemento da Xunta con catro proxectos e dúas empresas creadas

O centro, que destaca nos eidos da ciberseguridade e das comunicacións avanzadas (5G–6G), incorpora áreas de especialización en tecnoloxías cuánticas e fotónicas.

O titular de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia Gradiant, do que destacou o seu importante papel na transformación dos resultados da investigación en impacto real na economía e no emprego. De feito, o centro tecnolóxico xa ten creado tres spin–offs, dúas delas ao abeiro do programa Ignicia da Xunta de Galicia, que están xerando ingresos e creando emprego de alta cualificación.Trátase das spin–offs Alice Biometrics, que ofrece unha solución de verificación de identidade remota baseada en intelixencia artificial, e Sense Aeronautics, que comercializa unha tecnoloxía propia de análise de vídeo que permite operacións con drons máis eficientes e seguras. Asemade, recibiu apoio a catro proxectos a través deste programa que apoia a chegada ao mercado dos resultados da investigación. Ignicia ten apoiado desde 2016 32 proxectos, a chegada ao mercado de 13 deles (10 spin–offs creadas e tres acordos coa industria), a creación de máis de 120 empregos e a captación de máis de 20M? en investimentos e financiamento público–privado.Ademais, o conselleiro, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, subliñou a relevancia do centro en ámbitos como a ciberseguridade ou as comunicacións avanzadas (5G–6G) e o seu potencial nas areas de tecnoloxías cuánticas e fotónicas. No ámbito da ciberseguridade, Gradiant participou en dúas unidades mixtas de investigación coas empresas Telefónica e GIC–TEL., esta última aínda en activo. Por outro lado, no terreo da cuántica, o titular de Ciencia salientou a súa especialización en hardware cuántico e a súa participación na Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, impulsada pola Xunta de Galicia.Por último, lembrou o rol do centro tecnolóxico no impulso á competitividade industrial, a través da colaboración en proxectos como Facendo Plus, liderado por Stellantis, e apoiado pola Xunta de Galicia, con financiamento europeo, a través do programa Fábrica Intelixente e Sustentable. Así mesmo, apuntou a próxima adquisición e posta en marcha dunha infraestrutura de investigación e computación para a realización de actividades de I+D en tecnoloxías de alto impacto e con potencial de aplicación en diversos ámbitos, como as tecnoloxías cuánticas, a fotónica ou a intelixencia artificial, entre outras.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN