Xunta de Galicia
Rueda destaca o bo avance das obras do proxecto 'Abrir Ferrol ao mar', que creará unha cidade máis humanizada e potenciará a mobilidade sustentable
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Pon en valor o esforzo conxunto entre a Administración autonómica, o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria, cun investimento de 15,6 millóns de euros
O proxecto integra a cidade no seu espazo natural e busca incrementar as zonas verdes, poñer a disposición máis prazas de aparcamento e impulsar sendas peonís, ao mesmo tempo que se rexenera toda a contorna para darlle unha nova vida
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o bo avance das obras do proxecto
que, tal e como sinalou, contribuirá a crear unha cidade máis humanizada e potenciará a mobilidade sustentable. “Creo que todas as cidades galegas que están ao lado do mar teñen que ter esa relación con el, polo que este proxecto ten todo o sentido”, indicou.O titular do Executivo autonómico, que estivo acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou a colaboración entre administracións, poñendo en valor o “esforzo conxunto” entre Xunta, Concello de Ferrol e Autoridade Portuaria, “cun investimento de 15,6 millóns de euros”, comeza a dar os seus froitos, coa inauguración para uso público do carril bici e senda peonil na Estrada Baixa do Porto e dun aparcamento con 99 novas prazas. “Creo que iso é facer cidade, facer Ferrol e tamén facer Galicia”, apuntou.Así, a través de
, ao tempo que se integra a cidade no seu espazo natural, búscase incrementar as zonas verdes, poñer a disposición máis prazas de aparcamento e impulsar sendas peonís, para que os veciños poidan camiñar ou desprazarse en bicicleta. Deste xeito, apuntou o presidente da Xunta, faise cidade e rexenérase toda a contorna para darlle unha nova vida. Segundo os prazos establecidos, será no 2027 cando “os lugares onde hoxe estamos actuando terán pouco que ver co que eran”, apuntou. Do mesmo xeito, o titular do Goberno galego aproveitou para sinalar o gran e crecente atractivo turístico do que goza tanto a cidade de Ferrol como a súa contorna, con máis de 78.800 viaxeiros aloxados ata o mes de xuño.“A tranquilidade, o clima... fan que esteamos batendo récords de visitantes non só no verán, senón que tamén estamos conseguindo o noso obxectivo de desestacionalizar e que cada vez a xente visite Ferrol e o resto de Galicia durante outros meses do ano”, apuntou. Ao mesmo tempo, puxo ao Camiño Inglés como “o mellor expoñente de como se poden facer as cousas ben e crecer con sentidiño”. No que vai de ano, preto de 17.000 peregrinos desta ruta xacobea recolleron a súa Compostela, polo que o itinerario está a medrar a un ritmo do 20%.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando