Xunta de Galicia
Rueda destaca que o Goberno galego cumpriu o 100% das medidas anunciadas para os 100 primeiros días
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Salienta o valor da “palabra dada” para consolidarse como unha administración na que os cidadáns poden confiar
Apunta á relevancia de iniciativas como a gratuidade da matrícula universitaria, o impulso de nova vivenda pública e máis prazas para maiores e persoas con discapacidade
Recorda tamén outras propostas como o solo industrial gratuíto os primeiros 8 anos, a redución da tributación das herdanzas entre parentes ou a ampliación da fecundación in vitro e da conxelación de óvulos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno galego xa cumpriu o 100% das medidas anunciadas para os primeiros 100 días. Así o sinalou esta mañá durante un acto de balance no que estivo acompañado por todo o equipo de goberno e no que se repasou o estado de tramitación de todas estas iniciativas.Na súa intervención, o titular do Executivo galego puxo en valor “todo o traballo que hai detrás” desta acción de Goberno, que permite que Galicia sexa cada día “un pouco mellor” e “un pouco máis referente”. Ademais, salientou a importancia de ser fiel á “palabra dada” porque “en Galicia somos de fiar”. Así, considerou que a través do impulso de medidas como a gratuidade da matrícula universitaria, de nova vivenda pública ou de máis prazas para maiores e persoas con discapacidade, a Administración autonómica devolve a confianza que os galegos depositaron nela.De cara ao resto de lexislatura, animou a todo o equipo de goberno a continuar mantendo “a ambición”, “a frescura”, “os ollos e oídos abertos” e “os pés na rúa” para seguir “traballando xuntos” coa mesma intensidade que durante os primeiros cen días. Por último, agradeceu o traballo dos conselleiros, cadros directivos e “do excelente persoal público” por ter conseguido cumprir o 100% das medidas, un fito que considerou “para estar moi orgulloso”.En concreto, nestes meses cumpríronse ou iniciáronse os trámites para dar cumprimento a medidas como a remodelación e reapertura do estadio do Couto e finalización da parte autonómica do complexo acuático de Monterrei; a gratuidade dos primeiros gastos para adoptar un animal de compañía; os trámites para que desde o vindeiro curso a primeira matrícula universitaria sexa gratis; o impulso das 1.000 novas prazas públicas de residencias, centros de día e centros de discapacidade; o establecemento de solo público empresarial gratuíto para os primeiros 8 anos; ou a elaboración dos plans directores do naval e a automoción.Ademais, tamén estaban incluídos nestes compromisos máis urxentes a redución da tributación das herdanzas entre parentes cunha nova rebaixa que pode beneficiar a máis de 9.500 persoas ao ano; a tramitación da primeira Lei de Intelixencia Artificial dunha rexión europea; os avances nas autovías Tui–A Guarda e Nadela–Sarria; e o impulso á construción de 375 vivendas públicas.Así mesmo, súmanse a incorporación da vacina intranasal para os cativos de dous a cinco anos e novos programas piloto de cribado de cancro de próstata e de pulmón; avances para que as mulleres de ata 45 anos poidan acceder á reprodución humana asistida na sanidade pública e posibilitar que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos sen necesidade de ter unha patoloxía previa; a creación da rede dinamización cultural no rural; unha convocatoria novidosa para impulsar a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas de alto valor engadido; o programa de primeira experiencia profesional para fomentar a contratación de menores de 30 anos nas empresas galegas; o impulso aos polígonos agroforestais no rural; e o novo Plan de Acción Marisqueiro 2024–2025.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando