Xunta de Galicia

Rueda pon en valor as medidas da Xunta para consolidar Galicia como o mellor lugar para vivir e investir

Rueda pon en valor as medidas da Xunta para consolidar Galicia como o mellor lugar para vivir e investir

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Destaca iniciativas como a Oficina Económica de Galicia ou o plan de aceleración e impulso de proxectos empresariais

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor as medidas que está tomando o Executivo autonómico para consolidar Galicia como o mellor lugar do mundo para vivir e para investir.Así o explicou durante a 19

edición da cea de gala organizada pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AEGA–CAT), na que estivo acompañado pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.Alí, trasladoulles as iniciativas que está impulsando Galicia para favorecer o investimento, como a Oficina Económica de Galicia, que funciona como unha canle única onde se centralizan todos os trámites entre a Administración autonómica e os empresarios; ou o plan de aceleración e impulso de proxectos empresariais. “Esa Galicia que algúns situaban hai anos no vagón de cola é agora unha locomotora, unha Galicia potente”, sinalou Rueda.O presidente tamén puxo en valor outros avances sociais, como a gratuidade das escolas infantís 0–3 anos, que a partir de setembro se estenderá ás matrículas universitarias; ou o calendario de vacinas máis completo do mundo.Valorou que todas estas medidas, xunto coas políticas de retorno, teñen contribuído a que Galicia deixase de ser unha terra de despedida para selo de benvidas. Neste sentido, destacou que a Estratexia Retorna ten como obxectivo fomentar a volta de 30.000 galegos ata 2026.No acto, a AEGA–CAT fixo entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2024, que recoñecen o talento de profesionais de distintos sectores. Nesta edición os galardoados foron a doutora en astrofísica Begoña Vila; o futbolista Francisco González Pérez “Fran”; o deseñador de moda Roberto Verino; o xornalista Jenaro Castro; o doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía, Xosé Luis Barreiro Rivas; a CEO do Grupo Lence, Carmen Lence; e a presidenta do grupo AMA, Ana Pastor.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

04:00H | 05 OCT 2024 | BOLETÍN