Xunta de Galicia

Seis Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da comarca da Coruña reciben equipamento de emerxencias cedido pola Xunta

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Trátase de 1 remolque, así como 1 kit de ferramentas eléctricas, outros 2 de material loxístico para a seguridade viaria e 2 de material para actuacións no medio acuático

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, , participou na entrega de diverso equipamento de emerxencias a sete Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da comarca da Coruña. Trátase dun remolque, 1 de ferramentas eléctricas, así como 2 kits de material loxístico para a seguridade viaria e 2 de material para actuacións no medio acuático que suman un investimento superior aos 35.000 euros.O remolque, entregado ao concello de Vilasantar, conta con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Pola súa banda, o kit de ferramentas eléctricas, entregado ao concelllo de Betanzos, conta con unha amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.O material loxístico para a seguridade viaria, entregado a Arteixo e Miño, inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Por último, o kit de material para actuacións no medio acuático, entregado a Bergondo e Oleiros, consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios.O equipamento entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria, 25 son da provincia da Coruña. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.Belén do Campo reafirmou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local –dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación–. Nesta liña, a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. De feito, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.A delegada destacou a importancia do labor das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, non só como servizo de emerxencias local, senón tamén como rede que actúa en todo o territorio. Só en 2023 estes colectivos participaron en máis de 48.000 operativos no conxunto de Galicia. Referiuse tamén á importancia da formación dos membros destas agrupacións, que ao longo do último ano dispuxeron de case un cento de cursos na Academia Galega de Seguridade Pública específicos para a súa preparación. As accións formativas sumaron preto de 2.000 participantes.Para Belén do Campo, a dedicación e xenerosidade dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil merece o máximo apoio das administracións para facilitar o desenvolvemento do seu labor “con todas as garantías de seguridade e eficacia”, xa que moitas veces son os primeiros en chegar ao lugar dun accidente ou sinistro. A representante do Goberno autonómico incidiu tamén no recoñecemento e agradecemento por “unha entrega que converte estas agrupacións en exemplos de heroicidade e en símbolos de solidariedade”.Neste marco de apoio aos servizos de emerxencias locais, no que vai de ano a Xunta tamén entregou diversas dotacións a catro Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais da comunidade, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos anos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN