Xunta de Galicia

Xosé Merelles salienta a capacidade do Camiño de Santiago para xerar riqueza no rural galego

Xosé Merelles salienta a capacidade do Camiño de Santiago para xerar riqueza no rural galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Participou esta tarde no VI Congreso ‘Os roteiros de peregrinación como impulsores do turismo global’, organizado pola Orde do Camiño de Santiago

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, aposta por consolidar o Camiño de Santiago “como un marco inigualable de entendemento, colaboración e diálogo entre as xentes e os pobos”. Xosé Merelles participou esta tarde na clausura do VI Congreso “Os roteiros de peregrinación como impulsores do turismo global”, promovido pola Orde do Camiño de Santiago que se celebra na capital de Galicia esta fin de semana.Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia salientou a importancia do roteiro xacobeo apuntando que no que vai de ano xa se entregaron máis de 240.000 compostelas, “o que supón un crecemento a un ritmo medio dun 15% respecto ao ano pasado”. Neste sentido, subliñou ademais que “o Camiño é percorrido por peregrinos de máis de 180 nacionalidades distintas”. “É un fluxo constante de cultura, diálogo e coñecemento de xentes”, afirmou.O director de Turismo de Galicia destacou a importancia do retorno económico que xera o Camiño e que se traduce en “progreso de Galicia e xeración de riqueza no territorio e como demostran os estudos o seu impacto é similar ao de tres turistas nacionais, pola súa estadía e gasto”. Esta realidade fixo que desde o Goberno galego se deseñase un modelo de xestión específico sobre a base dos valores xacobeos que conta con instrumentos propios como o Plan Director dos Camiños de Santiago con máis de 140 M? e que xa está pensando no ano Santo 2027.Xosé Merelles salientou outra serie de actuacións relacionadas tamén cos roteiros de peregrinación como a autorización do novo contrato de xestión de 79 albergues da Rede Pública do Xacobeo nos que a Xunta investirá 12 M? ou a colaboración para a posta en valor dos inmobles e a arte sacra dos templos situados nos distintos camiños.“Pero o Camiño transcende estes valores e supera incluso as expectativas”, subliñou aludindo a que se trata do primeiro itinerario cultural de Europa, recoñecido en 1987 e revalidado recentemente.Neste sentido, animou a que a sociedade galega saiba aproveitar a enorme vantaxe que supón o Camiño, un activo moi especial para todos aqueles visitantes que buscan opcións de turismo sustentable.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN