Xunta de Galicia
A Xunta aborda coas federacións de transportes de viaxeiros as demandas do sector no desenvolvemento do Plan de Transporte Público de Galicia
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, recibiu representantes de Anetra–Galicia, Fegabus, Fegatravi e Transgacar
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, recibiu hoxe a representantes das principais federacións de transportes de viaxeiros por estrada. En concreto, con responsables da Asociación Nacional de Empresarios de Autocares (Anetra–Galicia), a Federación Galega de Servizos de Transporte de Autobús (Fegabus), a Federación Galega de Transportes de Viaxeiros (Fegatravi) e a Federación Galega de Asociacións de Viaxeiros en Autocar (Transgacar). Tras unha primeira toma de contacto o pasado 17 de xuño nunha reunión na que estivo presente tamén o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o encontro de hoxe foi de carácter máis técnico para avaliar as demandas do sector no desenvolvemento do Plan de Transporte Público de Galicia. A Xunta –lembrou a directora xeral– destina uns 140 millóns de euros anuais ao impulso desta ferramenta de planificación e seguimento con medidas relacionadas coa renovación e modernización do transporte público xestionado polo Goberno galego, así como o incremento dos recursos e a ampliación das zonas atendidas. Así, o autobús regular chega cada vez a máis zonas onde non o había, cun uso eficiente dos recursos, grazas tamén as modalidades de transporte integrado e baixo demanda.Judit Fontela incidiu na importancia de manter un diálogo continuado e fluído coas asociacións de transportistas para coñecer a situación do sector e as súas demandas co obxectivo de ofrecer á cidadanía un transporte público de Galicia de calidade.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando