Xunta de Galicia

A Xunta abre mañá a convocatoria da axudas a entidades privadas de voluntariado para o fomento e a realización deste tipo de actividades

A Xunta abre mañá a convocatoria da axudas a entidades privadas de voluntariado para o fomento e a realización deste tipo de actividades

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina preto de 135.000? co obxecto de difundir entre a sociedade a importancia desta participación solidaria

Un total de 748 entidades teñen resultado beneficiarias desde 2019 de máis de 940.000?

A Xunta de Galicia publica hoxe

a convocatoria que regula as bases para concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización deste tipo de accións de carácter altruísta e solidario. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dotada con preto 135.000? para que se leven a cabo accións de sensibilización, formación e coordinación nesta materia.O prazo para ter acceso a esta liña de subvencións estará aberto desde mañá e durante un mes, ata o 6 de setembro. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na

. Cómpre lembrar que un total de 748 entidades de acción voluntaria de carácter privado se teñen beneficiado desde 2019 dos máis de 940.000 euros que teñen repartido esteas axudas.Segundo as bases publicadas, estas entidades deberán levar a cabo accións de sensibilización co obxecto de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización, como desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como á promoción e captación de voluntariado.De igual xeito, teranse en conta que realicen campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións. Nesta liña, entrarían aqueles estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación: autonómico, provincial, local ou comarcal.Tamén se valorará que leven a cabo accións na área de formación. Neste senso, refírense especialmente a aquelas que perseguen unha modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social a través de liñas fundamentais, como a formación de persoas responsables de voluntariado e das voluntarias; fomento e incorporación de novas tecnoloxías dentro das entidades como, por exemplo, o deseño e mantemento de páxinas web.En materia de coordinación, valoraranse actividades que comprende as accións que fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando, de xeito transversal, as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN