Xunta de Galicia

A Xunta activa este xoves o nivel amarelo de alerta por calor na comarca de Valdeorras

A Xunta activa este xoves o nivel amarelo de alerta por calor na comarca de Valdeorras

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O episodio de calor afectará principalmente ao día de mañá e prevese unha duración de 3 días

Os Concellos afectados polas altas temperaturas son O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras

A Consellería de Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, non acudir ás praias ou ríos nas zonas centrais do día, e empregar roupa cómoda, lixeira e folgada

A Xunta de Galicia activa, para a xornada de mañá xoves, o nivel amarelo por episodios de calor na comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense.No marco do Plan de actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, infórmase da alerta por episodio de calor que afectará principalmente ao día de mañá e prevese unha duración de 3 días.Así, durante a xornada do xoves a zona en alerta amarela pola vaga de calor será:A zona de Valdeorras, que engloba aos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.Para ter a consideración de episodio ou ola de calor, aínda que as temperaturas sexan elevadas durante o día, analízanse tamén as temperaturas mínimas que se acadan á noite.No caso en que as temperaturas diúrnas e nocturnas superen os limiares medios históricos dunha zona é cando se decreta o episodio de menor ou maior duración, segundo o caso.Polo tanto, as previsións actualízanse cada día segundo evolucionen as temperaturas.A Consellería de Sanidade traslada á cidadanía unha serie de consellos que poderán ser moi útiles para estes días de calor.É importante beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Ademais, deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou aquelas moi azucradas. Recoméndase comer verduras e froitas e evitar as comidas copiosas.Respecto da vestimenta, recoméndase o uso de roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire.No interior dos edificios permanecerase, a ser posible, en espazos ventilados ou acondicionados, e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, baixaranse as persianas e pecharanse as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. Así mesmo, poderán utilizarse ventiladores. Nos momentos de calor máis intensa refrescarase o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna. Ademais, procurarase eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.No exterior dos edificios evitaranse, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, procurarase buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, nin a ningún animal de compaña.Así mesmo, convén non ir á praia nas horas de máxima calor (mediodía e as primeiras da tarde). Nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as de maior protección posible e nunca inferior a quince.Aos familiares ou veciños que vivan sós é conveniente facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoitan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN