Xunta de Galicia

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por altas temperaturas en Ourense

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por altas temperaturas en Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O episodio prevese que comece ao mediodía deste martes con máximas de ata 39 graos nas zonas sur e Miño da provincia

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de activar para mañá a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas Sur e Miño de Ourense. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), trátase dun fenómeno meteorolóxico que se espera que comece arredor do mediodía con temperaturas máximas de ata 39 graos. A zona do Miño ourensán xa está esta tarde en nivel amarelo por temperaturas de ata 36 graos. Mañá, ademais, activarase o nivel amarelo por máximas de 38 graos na zona de Valdeorras, así como nas Rías Baixas e zona do Miño da provincia de Pontevedra, onde se alcanzarán máximas de 34 graos.Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais; e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manter unha hidratación adecuada, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. Por último, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (

), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN