Xunta de Galicia

A Xunta activa unha ferramenta virtual que permite ás persoas usuarias calcular o valor dos servizos que recibe na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

A Xunta activa unha ferramenta virtual que permite ás persoas usuarias calcular o valor dos servizos que recibe na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Busca que a cidadanía tome consciencia do custo que terían se estas prestacións fosen xestionados de maneira privada e tivesen que pagar por elas

Un estudo recolle que os galegos consideran que aforran 17,89 ? ao mes por estes usos grazas á implicación da Administración autonómica

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia atendeu no 2022 máis de 800.000 usuarios e puxo a disposición da cidadanía máis de 7 millóns de documentos

A

vén de activar

que lles permite as persoas usuarias poder calcular o valor dos servizos dos que fai uso en calquera destas instalacións, desde o emprego dos equipos informáticos ou os préstamos de material, entre outros. Deste xeito, a Xunta pretende que a cidadanía se sensibilice do valor deste servizo público e tome consciencia do custo que terían se foran xestionados de maneira privada e tiveran que pagar por eles.Este cálculo é posible xa que o valor de cada unha das prestacións que reciben as persoas usuarias na Rede de Bibliotecas, dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, está baseado na técnica de asignación de prezos de mercado, determinando así o valor dos servizos comparándoos con outros análogos xa existentes polos que si se paga.Deste xeito, esta ferramenta virtual ten en conta os servizos cuantificables susceptibles de ser traducidos en prezos, como son o préstamo de libros e outros materiais, o uso da sala de lectura, o valor do asesoramento bibliográfico por parte do persoal, a realización de actividades culturais e formativas e a utilización dos equipos informáticos. Deste xeito, facilítase unha ferramenta útil tanto para persoas usuarias, como tamén para os profesionais das bibliotecas e para as administracións titulares das bibliotecas, como pode ser no caso das de titularidade municipal.É a primeira vez que desde o Goberno Galego se aplica esta ferramenta para coñecer e mostrar a repercusión e percepción das prestacións das bibliotecas públicas, seguindo unha metodoloxía utilizada noutras comunidades autónomas.Cómpre lembrar que na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia están integrados 302 centros en toda a Comunidade. Trátase de equipamentos tanto de xestión autonómica (8), como de titularidade municipal (292), aos que se engaden dous privados a disposición pública.Todos eles ofrecen servizos como salas de lectura, a expedición do carné de usuario, o préstamo de libros e outros materiais, a programación de numerosas actividades culturais ou iniciativas tecnolóxicas como

, a plataforma dixital de préstamo.Neste contexto, cómpre lembrar que un estudo realizado sobre o impacto social e económico destes equipamentos ?e baseado na técnica da valoración continxente (que extrae datos a partir da percepción do valor que teñen os consumidores dun ben e a súa disposición a pagar por el)? as persoas usuarias xa estimaban que se o servizo o prestase unha empresa privada, custaríalles unha media de 17,89 ? ao mes.Ademais, case a metade dos galegos admitía nese estudo que todos deberían pagar unha cantidade anual para manter o servizo no caso de que non se financiase a través de impostos.Segundo os datos de 2022 manexados nesa análise, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia conta con 809.229 persoas usuarias, das cales 38.394 corresponden con novas inscricións, contabilizándose 3.305.169 visitas (46,3 por día) e poñendo a disposición da cidadanía 7.135.378 documentos.En canto ao uso dos servizos bibliotecarios, o número de prestameiros activos foi de 138.581 persoas, o que significa que a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia foi utilizada para o préstamo de documentos polo 5,2 % da poboación galega. En total, facilitáronse 1.971.519 materiais, dos que case o 90 % son libros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN