Xunta de Galicia

A Xunta adxudica 140 prazas de docentes de atención preferente para que o alumnado con necesidades especiais conte co mesmo especialista toda a etapa

A Xunta adxudica 140 prazas de docentes de atención preferente para que o alumnado con necesidades especiais conte co mesmo especialista toda a etapa

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A convocatoria de prazas deste ano é a máis ampla dos últimos, das que se cubriron o 86%

O resto da atención á diversidade nas aulas galegas cubrirase, como é habitual, cos especialistas cos que conten os centros e os que se vaian sumando ata setembro

Esta adxudicación súmase ás 7.037 prazas do Concurso de adxudicación de destinos provisionais, nun proceso dinámico que non pecha ata setembro

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP

140 prazas de docentes para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente. A convocatoria de prazas deste ano é a máis ampla dos últimos, das que se cubriron o 86%.O obxectivo destas prazas é, por unha banda, atender ao alumnado cuxas necesidades específicas aconsellan manter a continuidade de profesorado especialista para evitar un cambio cada curso académico. Por outra, a atención a escolares nos casos nos que se precisa unha formación especializada: braille, lingua de signos…Os docentes acceden a estas prazas mediante concurso de méritos e poden ocupalas, en réxime de comisión de servizos, durante un período dun ano e ata un máximo de seis, con reserva do seu posto de traballo de orixe. A convocatoria de prazas deste ano é a máis ampla dos últimos.O resto da atención á diversidade nas aulas galegas cubrirase, como é habitual, cos especialistas en Audición e Linguaxe ou en Pedagoxía Terapéutica cos que conten os centros e os que se vaian sumando a maiores ata o inicio do curso, en función das necesidades detectadas en cada caso polos equipos de orientación.Precisamente, dado que se trata dun proceso dinámico que non pecha ata setembro, nestes momentos a Consellería está traballando na valoración das necesidades centro a centro e aula a aula e a dotación do profesorado necesario, dando así cumprimento ao recollido no Acordo de mellora do sistema educativo galego que blinda o ensino da próxima década malia a baixada da natalidade, con medidas específicas coma a mellora das rateos, da atención ao alumnado con necesidades como unha acción pioneira e única a nivel estatal e o reforzo da carreira profesional docente, entre outros.Unhas medidas que, tal e como se acordou coas organizacións sindicais, se van aplicar de xeito progresivo e proporcionado comezando por 4º curso de Educación Infantil a partir de setembro e, a partir de aí, iranse implementando ano a ano e curso a curso.De feito, esta asignación de profesorado súmase, ademais, á adxudicación definitiva de 7.037 prazas docentes para o próximo curso 2024–25 a través do Concurso de adxudicación de destinos provisionais (CDAP), que supuxo 90 prazas máis que as asignadas por este procedemento o ano pasado.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN