Xunta de Galicia
A Xunta adxudica por máis de 2,3 M? as obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
As intervencións permitirán o acondicionamento do firme en preto de 21 quilómetros destas vías autonómicas
O obxectivo da Xunta é iniciar estas obras neste vindeiro mes de agosto e contan cun prazo de execución de 9 meses
A actuación centrarase na rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, ademais do repintado das marcas viarias
A Xunta segue traballando para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria, destinando este ano 53 M? á súa conservación
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 2.347.449 euros a execución das obras de reforzo do firme nas estradas PO–206 e PO–905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces.Estas intervencións, adxudicadas á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., consistirán na renovación do firme da calzada nalgúns dos treitos da PO–206, entre os puntos quilométricos 0 e 16+310; e na estrada PO–905 entre os quilómetros 0 e 4+500, mellorando as súas características actuais.Os traballos obxecto deste contrato contan cun prazo de execución de 9 meses e a lonxitude total da actuación rolda os 21 quilómetros. O obxectivo da Xunta é iniciar as obras no vindeiro mes de agosto.En concreto, as obras previstas na PO–206 abarcan o treito inicial da vía no treito de algo máis de 16,3 quilómetros no seu percorrido polo municipio de Lalín, ata o quilómetro 13+420. Neste punto comezan as intervencións no treito de preto de 3 quilómetros da estrada ao seu paso polo concello de Vila de Cruces.No caso da intervención na PO–905, os traballos céntranse no tramo inicial desta estrada, de 4,5 quilómetros, que atravesa o concello de Vila de Cruces.As obras consistirán na reparación do firme mediante fresado e reposición das zonas localizadas que se atopen deterioradas e a aplicación dunha nova capa de rodaxe ou microaglomerado nalgúns treitos nos que sexa preciso.Como complemento a estes traballos, reporanse as marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito das actuacións na PO–206 e na PO–905 e procederase á colocación de elementos de balizamento e reposición de captafaros.O departamento que dirixe María Martínez Allegue segue a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este vindeiro ano 53 M? á súa conservación.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando