Xunta de Galicia
A Xunta apoia as reivindicacións do sector ferroviario para trasladar ao Goberno central o reforzo dos servizos de tren de proximidade
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, atendeu as peticións trasladadas por representantes do sindicato CCOO–Galicia na provincia de Pontevedra, como xa ten reclamado a Xunta ao Executivo estatal
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo un encontro con representantes do sector ferroviario de CCOO na provincia de Pontevedra, encabezado polo seu secretario xeral, Antón Conde, para escoitar as súas demandas e necesidades, entre elas a creación dunha rede de trens de proximidade como existen noutras comunidades. Tal e como trasladaron no encontro, a proposta de CCOO pretende dar unha resposta intermodal que cubra as necesidades do territorio e ofreza un servizo transfronteirizo con Portugal.O Goberno galego xa ten manifestado en varias ocasións a desatención por parte do Executivo estatal cos servizos de proximidade, que serían clave para mellorar a mobilidade, neste caso no sur e interior da provincia de Pontevedra. De feito, a Xunta ten reclamado ao Goberno central un estudo de alternativas para a implantación de trens de altas prestacións que conecten coa rede estatal e co obxectivo de sacar o máximo proveito da chegada do AVE.De feito, para a Administración autonómica unha rede de proximidade entre Vigo e Pontevedra suporía poñer en marcha máis trens e frecuencias continuas reducindo o tránsito por estrada como ocorre cos servizos de proximidade no Eixo Atlántico Vigo–A Coruña, se ben a Xunta tamén leve demandando desde hai tempo ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible melloras nestes trens de media distancia.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando