Xunta de Galicia

A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M?

A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción

O Goberno galego está a preparar a futura Lei de administración ambiental simplificada, cuxo obxectivo é contribuír á transición cara a un novo modelo produtivo máis sostible e eficiente

A Xunta de Galicia aprobou a construción de preto de 70 novos parques eólicos na Comunidade, que suporán un investimento de máis de 1.800 millóns de euros e unha potencia de 1.824,6 megavatios.Logo da aprobación das correspondentes declaracións de impacto ambiental, a Xunta autorizou xa a construción de 69 proxectos e está a piques de dar o visto e prace a outro parque eólico. Deste xeito, con esta última autorización Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción de novos proxectos eólicos.O cumprimento do devandito fito administrativo foi posible grazas á lexislación autonómica vixente en materia de simplificación administrativa e reactivación económica, pola que a Xunta aproba de xeito conxunto a autorización administrativa previa e a construción do parque eólico, o que supón unha maior axilidade á hora de poñer en marcha estas iniciativas.Nesa liña, cómpre indicar que o Goberno galego está a preparar a futura Lei de administración ambiental simplificada, cuxo obxectivo é contribuír á transición cara a un novo modelo produtivo máis sostible e eficiente. Así, a futura normativa pretende reforzar a seguridade xurídica dos proxectos para garantir o imprescindible equilibrio entre o desenvolvemento das distintas iniciativas e a protección do medio natural así como unificar e actualizar a regulación nesta materia e adaptar a normativa europea aos novos retos climáticos.A Xunta avanza así no seu compromiso cunha planificación enerxética ordenada que permita achegar seguridade xurídica ao tempo que se prioriza un desenvolvemento compatible co medio natural. De feito, o Goberno galego aposta pola estabilidade e a seriedade á hora de desenvolver proxectos industriais coas máximas garantías medioambientais para garantir que o futuro da Comunidade sexa máis competitivo, máis verde, máis sostible e máis resiliente.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín