Xunta de Galicia
A Xunta asina cos comerciantes da Praza de Abastos nº1 de Ourense o convenio a través do cal financiará a realización do plan funcional do mercado
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes atendendo as necesidades dos praceiros e en coordinación cos técnicos municipais, é o seguinte paso a dar para reiniciar a actividade comercial no edificio histórico
O estudo incluirá aspectos básicos como a disposición dos postos interiores e as necesidades de electrificación e ventilación, ademais da valoración doutras cuestións consideradas como chave para o futuro deste espazo, como a reforma do Rianxo
Coa valoración e calendarización das obras, será o momento de realizar o proxecto da primeira fase, enfocada ao traslado dos comerciantes desde o edificio provisional
O convenio enmárcase no compromiso da Xunta con este mercado singular, dentro da aposta que está a realizar polo impulso ás prazas de abastos como motores fundamentais do comercio de proximidade nas cidades e vilas galegas
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais da Praza de Abastos Nº1 de Ourense, Emilio González, asinaron o convenio a través do cal a Xunta financiará a realización do plan funcional deste mercado rehabilitado na capital ourensá. O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes, é o seguinte paso a dar para permitir o traslado dos praceiros ao edificio desde a súa actual ubicación provisional –na Alameda– e, ademais, impulsar a Praza de Abastos Nº 1 de Ourense como un eixo dinamizador da cidade. Neste sentido, elaborarase atendendo as propostas dos comerciantes e en coordinación e contacto directo cos técnicos municipais, e sempre tendo en conta as propias características singulares –e potencialidades– deste mercado. O estudo incluirá aspectos básicos como a disposición dos postos interiores e as necesidades de electrificación e ventilación, ademais da valoración doutras cuestións consideradas como chave para o futuro deste espazo, como a reforma do Rianxo ou melloras na accesibilidade. Todos estes aspectos quedarán recollidos no plan funcional, que sumará as diferentes necesidades de actuación –cunha estimación orzamentaria– e unha calendarización das obras. A partir de aí, a seguinte etapa será realizar o proxecto da primeira fase, que estará enfocada ao reinicio da actividade comercial no edificio histórico da Praza, sempre coas máximas garantías de confortabilidade para praceiros e clientes. Nesta liña, o plan funcional inclúe a realización dunha análise do estado actual do edificio e a súa contorna tralas obras de reforma e rehabilitación e a análise das necesidades presentes e futuras dos comerciantes, como pasos previos á a elaboración do plan funcional da Praza de Abastos Nº 1 de Ourense, que será a folla de ruta que marque os seguintes pasos para impulsar este espazo comercial. Este convenio enmárcase no compromiso da Xunta coa Praza de Abastos Nº 1 de Ourense e sitúase dentro da aposta que está a realizar a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar as prazas de abastos nas cidades e vilas galegas como motores fundamentais do comercio de proximidade, adaptándoos ás novas tendencias do mercado.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando