Xunta de Galicia
A Xunta cede ao concello de Arzúa a antiga Casa de Correos que acollerá un centro sociocultural Xacobeo destinado a veciños e peregrinos
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O director de Turismo de Galicia e o alcalde da localidade coruñesa asinan o acordo de cesión desta propiedade do Xacobeo situada na rúa Dores número 3
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou hoxe co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, o contrato de cesión de uso da Casa de Correos e da Horta Anexa pola que o Goberno autonómico cede este inmoble ao concello para usos socioculturais para veciños e peregrinos. Dáse así cumprimento a unha antiga reivindicación do municipio de Arzúa para dinamizar o inmoble.En virtude deste acordo de cesión da antiga casa de correos, situada na rúa Dores número 3 e a súa horta anexa propiedade do Xacobeo, pasará a ser xestionada polo concello de Arzúa. O edificio linda coa Capela da Madanela e o albergue de peregrinos do Xacobeo e a partir de agora poderá albergar actividades culturais xacobeas que poñan en valor patrimonio material e inmaterial galego e axuden a entender a realidade do Camiño de Santiago e a peregrinación. O edificio porase a disposición do Concello nas condicións axeitadas para a súa operatividade.En virtude do acordo, o Concello asumirá os custos do mantemento e xestión ordinarias do inmoble, tamén se responsabilizará de contratar e costear a contratación do persoal necesario para mantemento e atención, entre outras actuacións. A cesión ten carácter gratuíto e realízase por un prazo de catro anos, que pode prorrogarse outros catro anos máis sempre que medie acordo expreso das partes.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando