Xunta de Galicia

A Xunta colabora co Club de Remo de Ares na adquisición dun esquife adaptado

A Xunta colabora co Club de Remo de Ares na adquisición dun esquife adaptado

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A entidade beneficiouse da liña de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para equipamento deportivo adaptado

Aneiros coñeceu ademais a nova nave de embarcacións do club destinada a cubrir as necesidades de almacenamento

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta tarde o Club de Remo de Ares, acompañada polo seu presidente Germán Sánchez, entre outros membros da directiva, que fixo de anfitrión polas novas instalacións e deu a coñecer os proxectos de futuro da entidade deportiva.A entidade acaba de incorporar á súa frota de embarcacións un esquife adaptado –un tipo de bote de competición de remo deseñado para unha soa persoa– adquirido grazas a unha subvención de 6.200 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no marco da liña de axudas para equipamento deportivo adaptado que o Goberno galego convocou por primeira vez o pasado ano. Esta incorporación incrementará a competitividade do club que ata o momento non teña presenza en ningunha competición de remo adaptado.Na área de Ferrolterra tamén se beneficiaron destas achegas o Club Cabanas KDM, a Agrupación de Deportiva Minusválidos Ferrol, o club hípico Equo Alalma, de Ferrol; o club Pulpeiros Mugardos; o club tenis de mesa Cidade de Narón, e o club Náutico Folixa, das Pontes. O importe conxunto da axudas ascende a preto de 34.000 euros.Aneiros tivo a oportunidade ademais de coñecer a nova nave de embarcacións do club, un inmoble destinado a cubrir as necesidades de almacenamento das embarcacións de banco fixo e facilitar os adestramentos dos distintos equipos e que contou cunha contribución de máis de 30.000 euros da Secretaría Xeral para o Deporte, concretamente para a construción do faiado da nave.A delegada territorial aproveitou a ocasión para felicitar ao club polos bos resultados que está colleitando na máxima competición autonómica de traiñeiras que está a disputar estas semanas e destacou a necesidade de seguir fomentando a actividade deportiva tanto desde as administracións públicas como desde o clubs.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín