Xunta de Galicia

A Xunta e o Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia inician as xornadas de robótica para nenos ingresados nos hospitais públicos

A Xunta e o Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia inician as xornadas de robótica para nenos ingresados nos hospitais públicos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Estas actividades realízanse no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas as partes, que prevé a realización de 14 obradoiros, 2 en cada área sanitaria

O Servizo Galego de Saúde destina 11.500 euros para adquirir o equipamento co que impartir os talleres con robots

Os obradoiros contan coa colaboración de grandes empresas do ámbito tecnolóxico galego que achegan a súa experiencia e recursos para o éxito das actividades

As seguintes xornadas nas demais áreas sanitarias están previstas para os meses de outubro e de decembro

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia iniciaron hoxe as xornadas de robótica nos hospitais públicos galegos co fin de humanizar a estancia dos nenos ingresados.O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, Fernando Súarez, o xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio, e o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón, inauguraron esta tarde a primeira xornada de formación en robótica no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.Este é o primeiro dunha serie de obradoiros de actividades interactivas e prácticas que se realizan ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia para a mellora da saúde emocional e mental dos nenos e nenas hospitalizados.A Xunta achega unha axuda de 11.500 euros para a adquisición do equipamento necesario para realizar os obradoiros, cos que se pretenden reducir o estrés que sofren os nenos e nenas durante os períodos de hospitalización, facendo máis agradable e amable a súa estancia e favorecendo así a súa recuperación.Neste primeiro obradoiro, as actividades foron impartidas por voluntarios do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, contando coa colaboración doutras empresas recoñecidas no sector tecnolóxico galego como Bahía Software, H3C, Telefónica, Balidea, NTT Data e HPE.As xornadas continuarán nas demais áreas sanitarias nos meses de outubro e decembro, estando prevista a realización dun total de 14 obradoiros, dous por cada área sanitaria ao ano.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín