Xunta de Galicia

A Xunta e o concello de Mos reforzan a colaboración para avanzar na xeración de emprego e na dinamización do comercio deste municipio pontevedrés

A Xunta e o concello de Mos reforzan a colaboración para avanzar na xeración de emprego e na dinamización do comercio deste municipio pontevedrés

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

No encontro tamén participaron os directores xerais de Formación e Cualificación para o Emprego e de Comercio e Consumo, Zeltia Lado e Gabriel Alén, así como a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz

Tratáronse cuestións como os obradoiros de emprego e as fórmulas dispoñibles para consolidar o comercio de Mos no marco do tecido produtivo local

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado dos directores xerais de Formación e Cualificación para o Emprego e de Comercio e Consumo, Zeltia Lado e Gabriel Alén, así como da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, vén de manter un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co gallo de avanzar na colaboración entre a Xunta e este concello pontevedrés. Nese senso, abordáronse ferramentas como os obradoiros de emprego ou as distintas fórmulas dispoñibles para dinamizar o comercio local.No primeiro caso, tratouse o apoio da Xunta de Galicia ao obradoiro dual

, que se vén desenvolvendo nos campos profesionais de traballos de carpintería e moble, instalación de elementos de carpintería, xestión de marketing e comunicación, e deseño de produtos audiovisuais multimedia e interactivos. Unha acción cunha vintena de persoas participantes que están recibindo formación ao tempo que desempeñan un traballo remunerado e que, tal e como quedou patente no encontro, se agarda que teña continuidade no marco da próxima resolución da convocatoria de 2024.A maiores, o Goberno galego financia un Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Mos, que na súa sexta edición conta con 100 participantes e que se está a executar tras ter conseguido na anterior etapa unha porcentaxe de inserción superior ao 60%. Na reunión, tamén se tratou o obxectivo do consistorio mosense de seguir dinamizando o seu comercio local, apostando pola súa modernización e dixitalización como vías para a fidelización da clientela. Nese senso, a alcaldesa aludiu a accións de promoción como a segunda edición do evento multisectorial

–que se celebrará nos vindeiros meses consolidándose como unha das citas claves anuais na programación municipal– ou ás desenvolvidas nas redes sociais ao abeiro do obradoiro dual de emprego en execución, en concreto, na parte relativa ao marketing e á comunicación.No marco do apoio que a Xunta vén dando a este tipo de actividades, tamén se comprometeu a presenza autonómica na Mesa local do comercio que o Concello de Mos quere convocar por vez primeira este ano.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN