Xunta de Galicia

A Xunta e o concello de Santiago asinan o protocolo para humanizar a contorna do Hospital Clínico e mellorar e ordenar a accesibilidade ao complexo

A Xunta e o concello de Santiago asinan o protocolo para humanizar a contorna do Hospital Clínico e mellorar e ordenar a accesibilidade ao complexo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

María M. Allegue subliña o esforzo da Xunta, de traballo, diálogo e orzamento, por sacar adiante o protocolo, que beneficiará aos traballadores e usuarios do hospital e a cidade, ao conlevar melloras na mobilidade e na integración do complexo na cidade

O Goberno galego financia nun 90% as actuacións e o Concello achega o 10%

A Xunta comprométese a aprobar un Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para reordenar a zona, habilitar aparcamento e mellorar o acceso aos edificios

De ser posible dende o punto de vista urbanístico antes da aprobación do PIA, a Xunta contratará a execución dun aparcamento parcialmente en superficie e soterrado, así como a mellora do acceso dende a rúa da Volta do Castro

Ángeles Vázquez salienta a colaboración na mellora do saneamento e abastecemento municipais cun investimento de ata 3,5M?, que se suma aos 11M? da EDAR da Silvouta

O conselleiro de Sanidade remarca que se trata dun protocolo “importante e positivo” para a cidade, para o hospital e para as administracións públicas”

O Concello debe modificar o planeamento urbanístico para acadar a efectividade das obras e poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios e eximir o pagamento do IBI do Hospital Clínico e do Centro de Protonterapia unha vez rematen as obras

A Administración local asume a mellora do transporte urbano que dá servizo aos hospitais, reducindo as frecuencias ata os 5/10 minutos e optimizando a cobertura

A Xunta e o Concello de Santiago asinan o protocolo para humanizar a contorna do Hospital Clínico e mellorar e ordenar a accesibilidade ao complexo.A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, firmaron hoxe coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, este protocolo de colaboración.O protocolo establece as bases da colaboración para a habilitación de infraestruturas de aparcamento, de mobilidade e a consecución de solos dotacionais, de modo coordinado coa execución das obras de ampliación do hospital.A este respecto, María M. Allegue subliña “o esforzo da Xunta, tanto de traballo, diálogo e orzamento, por sacar adiante este protocolo, que non só beneficiará aos traballadores e usuarios do hospital, senón a toda a cidade de Santiago, posto que conlevará melloras substanciais na mobilidade e na integración do hospital e na súa contorna urbana”.No que se refire ao financiamento das intervencións, tal e como se consensuou en reunións previas, todas as actuacións son financiadas nun 90% pola Xunta, achegando o Concello o 10% restante.En relación ao compromisos establecidos no convenio, a Xunta promove a aprobación dun proxecto de interese autonómico (PIA) que desenvolva a reordenación desta zona, permita habilitar aparcamento, mellore a accesibilidade aos edificios, ao transporte público e aos servizos de urxencias, conformando un espazo integrado na trama urbana.No caso de ser posible dende o punto de vista urbanístico antes da aprobación do PIA, o Goberno galego contratará a execución dun aparcamento parcialmente en superficie e parcialmente soterrado na parcela hospitalaria, así como a mellora do acceso dende a rúa da Volta do Castro.A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, sinalou que o protocolo tamén permitirá mellorar o saneamento e abastecemento en distintos puntos do rural de Santiago froito do compromiso directo do presidente Alfonso Rueda coa alcaldesa. Deste xeito, o Executivo galego avanza no seu apoio ao concello na prestación duns servizos de calidade que son de competencia municipal.De feito, lembrou que Augas de Galicia xa está a facer importantes investimentos na cidade como os 11 millóns de euros da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta, co obxectivo de que estea operativa en 2026.A titular de Medio Ambiente subliñou que con este protocolo a Xunta se compromete a cofinanciar obras de abastecemento e saneamento nas zonas rurais do municipio con ata 3,5M?. Neste sentido, o Goberno galego estudará os proxectos que presente o Concello e avaliará as necesidades co compromiso de aportar o 70% do investimento, fronte ao 30% do Executivo local. O fin último é mellorar os servizos á veciñanza ofrecendo auga accesible, de calidade e con garantías.O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, manifestou a súa satisfacción pola sinatura deste protocolo, “importante e positivo” para a cidade, para o hospital e para as administracións públicas.Importante e positivo para a cidade, explicou, posto que vai gañar en servizos públicos, en ordenación urbana e calidade de vida; importante e positivo para o hospital, que está en fase de crecemento, cunha expansión que posibilitará mellorar o acceso dos pacientes e dos profesionais á sanidade pública; e tamén importante para as administracións públicas, posto que con esta sinatura se demostra a capacidade de diálogo e para chegar a acordos beneficiosos para a cidadanía.Na súa intervención, destacou o proceso de ampliación do hospital, no que a Xunta está a investir 70 millóns de euros, ademais da posta en marcha do Centro de Protonterapia, que xa estará atendendo pacientes no ano 2026, co que Santiago e Galicia serán a primeira cidade e a primeira comunidade de España en aplicar este tratamento de oncoloxía de precisión na sanidade pública.Pola súa banda, o Concello de Santiago debe modificar o planeamento urbanístico de xeito simultáneo á aprobación do instrumento de ordenación do territorio nas cuestións afectadas polas determinacións do PIA e para garantir a súa efectividade. Ademais, correspóndelle dispoñer os terreos necesarios para o desenvolvemento das actuacións.Correspóndelle tamén ao municipio a mellora do transporte urbano que dá servizo aos hospitais de acordo coas conclusións do Plan de Mobilidade elaborado pola Xunta, de modo que se rebaixen as frecuencias ata os 5/10 minutos e se optimice a cobertura.O Concello tamén debe eximir o pagamento do IBI do Hospital Clínico e do Centro de Protonterapia, unha vez rematen as obras deste centro e de ampliación do hospital agora mesmo en execución pola Xunta.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN