Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Sober estudan iniciativas para divulgar a riqueza ambiental e paisaxística do municipio

A Xunta e o Concello de Sober estudan iniciativas para divulgar a riqueza ambiental e paisaxística do municipio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Sober, Luis Fernández, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente diversas iniciativas de cara a divulgar a riqueza ambiental e paisaxística do municipio.A conselleira mostrou especial interese polo proxecto municipal de elaborar un catálogo de árbores e formación senlleiras da localidade co obxectivo tanto de garantir a súa conservación como de promover o seu coñecemento entre a veciñanza e os visitantes.Nesa liña, o rexedor explicoulle a Ángeles Vázquez que o concello conta cunha ampla mostra de diferentes especies, tanto autóctonas como exóticas, cuxa diversidade e peculiaridades de beleza, antigüidade, historia ou rareza merece ser conservada e posta en valor desde o punto de vista ecolóxico, educativo, social e turístico.Máis polo miúdo, a iniciativa pretende elaborar un documento coa xeorreferenciación cartográfica destes exemplares e formacións singulares que permita aglutinar a variedade, singularidade e riqueza natural do territorio.A maiores, durante a reunión tamén avaliaron varios proxectos en materia de augas. Así, analizaron a posibilidade de colaborar para acometer varias actuacións como a ampliación da liña de colectores da contorna de Arxeril, a mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da localidade e a optimización da estación de tratamento de auga potable (ETAP).A conselleira explicoulle ao alcalde que Augas de Galicia estudará as propostas municipais e incidiu en que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados