Xunta de Galicia

A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para que o CESGA reforce o liderado de Galicia na investigación cuántica

A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para que o CESGA reforce o liderado de Galicia na investigación cuántica

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Ciencia preside o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, que acorda a elaboración dun mapa de capacidades das tecnoloxías cuánticas en Galicia

A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para o CESGA e reforzar así o liderado de Galicia na investigación cuántica. Así o expuxo o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, esta mañá durante o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas. Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, sinalou que estas tecnoloxías son “unha prioridade para Galicia, dado que a súa aplicación permitirá descubrir novos medicamentos, deseñar novos materiais, optimizar os procesos de produción ou mellorar a eficiencia enerxética, entre outros usos”. O titular de Ciencia convidou a todos os membros da rede a seguir colaborando para aproveitar as grandes capacidades de Galicia neste ámbito e xerar sinerxias.De feito, Galicia é “un territorio pioneiro en materia cuántica” –apuntou Román Rodríguez– que conta con infraestruturas de gran relevancia como o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ou o Vigo Quantum Communication Center, dependente da Universidade de Vigo, e un tecido empresarial “que entendeu o potencial innovador e transversal desta tecnoloxía para o seu crecemento”.O conselleiro agradeceu o compromiso de todos os membros da rede –universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, sector empresarial e Administración– “para avanzar na xeración de oportunidades para a investigación e o traballo en tecnoloxías cuánticas”, que sitúe a Galicia como referente nestas tecnoloxías para atraer talento, investimento e oportunidades para a nosa industria.Na xuntanza desta mañá deuse a benvida a dous novos membros da rede, os centros tecnolóxicos Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), sumando actualmente 15 membros. Asemade, constituíronse dous comités executivos coa misión de acadar obxectivos concretos e desenvolver accións estratéxicas a medio e longo prazo, centrados en hardware e software cuántico (liderado polo centro tecnolóxico Gradiant) e nas aplicacións das tecnoloxías cuánticas (liderado polo hub de innovación dixital DIHGIGAL) e informouse das próximas actuacións. Entre elas, destaca a elaboración dun mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxías cuánticas en Galicia. A creación desta rede inscríbese no impulso da nosa Comunidade ás tecnoloxías cuánticas a través do lanzamento do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia no ano 2022 coa misión de converter a Galicia nun referente europeo destas tecnoloxías no horizonte do ano 2030.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN