Xunta de Galicia

A Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo renovan as súas liñas de colaboración mutua para impulsar a atracción de empresas en Galicia

A Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo renovan as súas liñas de colaboración mutua para impulsar a atracción de empresas en Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Tanto a conselleira como o delegado amosaron a súa disposición a seguir explorando novos ámbitos de traballo en común para xerar solo industrial e atraer novos proxectos empresariais cara á Comunidade

Lorenzana enmarca a relación de colaboración co CZFV dentro dos obxectivos da política industrial do Goberno galego, que busca fomentar a colaboración público–privada e institucional para impulsar a competitividade dos sectores estratéxicos

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co delegado especial do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, con quen abordou as liñas de colaboración que a Xunta de Galicia mantén abertas con esta entidade para impulsar o desenvolvemento e a atracción de empresas en Galicia.Entre outros asuntos, na xuntanza, Lorenzana e Regades abordaron o proxecto de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTL), cunha superficie bruta de 252.000 m². De igual xeito, tamén trataron os avances na tramitación para ampliar a Plataforma Loxística Industrial Salvaterra–As Neves (Plisan).Tanto a conselleira como delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo amosaron a súa disposición a seguir explorando novos ámbitos de colaboración para xerar solo industrial e atraer novos proxectos empresariais cara a Galicia. Ao respecto, Regades coincidiu na necesidade dunha aposta mutua de ambas as dúas institucións polos sectores estratéxicos para desenvolver a política industrial, e cualificou de imprescindible a colaboración entre as administracións que teñen intereses comúns.En liñas xerais, Lorenzana enmarcou a relación de colaboración que veñen mantendo a Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo dentro dos obxectivos da política industrial do Goberno galego, que busca fomentar a colaboración público–privada e institucional para impulsar a competitividade dos sectores estratéxicos da economía galega con medidas en materia de solo industrial, innovación e atracción de investimentos a través da Oficina Económica de Galicia no Igape.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín