Xunta de Galicia

A Xunta contribúe a diversificar a oferta musical deste verán en Ferrol co Festival de concertos Marola

A Xunta contribúe a diversificar a oferta musical deste verán en Ferrol co Festival de concertos Marola

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá no Concello de Ferrol esta nova cita musical que terá lugar os días 28 e 27 de xullo nos Xardíns de Herrera

Trátase dun festival de pequeno formato que contará coas actuacións das bandas TT Syndicate e Faneka

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá xunto ao alcalde de Ferrol a primeira edición do Festival Marola, unha nova iniciativa musical que terá lugar os días 27 e 28 nos Xardíns de Herrera e coa “o Goberno galego vén a diversificar a oferta musical da temporada estival en Ferrolterra”.Tal e como explicou Aneiros, trátase dun festival de pequeno formato pensado para dar a coñecer a artistas emerxentes en espazos de interese patrimonial vencellados ao Camiño de Santiago, “especificamente nesta primeira edición ao noso Camiño Inglés”. De aí a súa localización nos Xardíns de Herrera, “un miradoiro sobre o Arsenal e a ría de Ferrol que constitúen un escenario único e privilexiado”, destacou.Esta cita musical, de carácter gratuíto, traerá á cidade o sábado 27 á banda lusa TT Syndicate e o seu repertorio no que mesturan soul, rock&roll e rhythm&blues. O domingo 28 será a quenda do folk progresivo de Faneka, un grupo con estilo propio que ofrecerá sobre o escenario “unha viaxe musical chea de emocións e matices”, explicou Aneiros. Ambas actuacións terán lugar a partir das 13.30 horas.“Ferrol ten moito que ofrecer e eventos coma este son unha ocasión perfecta para amosar as nosas potencialidades, con propostas afastadas das actividades de grandes aforos, amables co entorno natural e o noso patrimonio e que fomentan a ocupación de espazos emblemáticos que explican a cidade e completan a experiencia do Camiño”, explicou a delegada territorial.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN