Xunta de Galicia

A Xunta e Conxemar analizan melloras para o Ifevi para dar continuidade á feira internacional dos produtos do mar conxelados nas mellores condicións

A Xunta e Conxemar analizan melloras para o Ifevi para dar continuidade á feira internacional dos produtos do mar conxelados nas mellores condicións

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Goberno galego e a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura, Conxemar, analizan posibles melloras para o Instituto Feiral de Vigo –Ifevi– co fin de garantir a continuidade nas mellores condicións da feira organizada na cidade olívica por esta entidade. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, reuniuse recentemente co presidente de Conxemar, Eloy García; a xefa da área de Feira, Laura Méndez, e a directora de Comunicación da asociación, Pastora Charlín. No encontro abordaron o estudo de viabilidade para a ampliación de capacidade e mellora dos accesos ao Ifevi, elaborado por Conxemar e posto a disposición das administracións públicas como posible proposta de actuacións de ampliación e mellora do recinto por fases. Ademais, a Xunta acordou elaborar un plan funcional de análise para concretar as necesidades da feira e poder levar a cabo outras actuacións complementarias ao seu desenvolvemento, como a habilitación de aparcamentos ou a ordenación do tráfico, xa que as necesidades que exixe a feira van máis alá dos espazos. Tanto a Xunta como Conxemar valoraron positivamente a reunión, definíndoa como fundamental para establecer o diálogo en relación a estas cuestións clave para poder acadar canto antes unha solución beneficiosa para todas as partes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN