Xunta de Galicia

A Xunta demanda máis diálogo por parte do concello e implicación do Goberno central no proxecto da Coruña como sede do Mundial de fútbol

A Xunta demanda máis diálogo por parte do concello e implicación do Goberno central no proxecto da Coruña como sede do Mundial de fútbol

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou no acto de presentación da candidatura elixida, onde reafirmou a vontade de colaboración do Goberno galego

Para Diego Calvo ábrese unha nova etapa que require da participación de todas as administracións, tamén no financiamento a partes iguais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe no acto de presentación do proxecto da Coruña como sede do Mundial de Fútbol 2030, onde demandou máis diálogo por parte do Concello e maior implicación do Consello Superior de Deportes na candidatura elixida. O conselleiro reafirmou o compromiso da Xunta coas candidaturas galegas ao Mundial, xa manifestado en setembro de 2022 a través dun acordo aprobado polo Consello do Goberno galego, e expresou a satisfacción de que fose elixida unha sede na comunidade.Para Diego Calvo, agora “comeza unha nova etapa na que é precisa maior participación e diálogo entre todas as administracións”, especialmente despois de que a Xunta amosase xa a súa vontade de colaboración tamén no financiamento. Nesta liña, indicou que deben implicarse todas as administracións, incluído o Consello Superior de Deportes. “Non se entendería que a participación de España no Mundial a paguen os concellos, as deputacións e as comunidades autónomas”, afirmou. Tamén insistiu en que ese financiamento debe ser a partes iguais e emprazou a coñecer o proxecto definitivo para avanzar.Diego Calvo referiuse á elección da candidatura da Coruña como “unha boa nova para o deporte” e abondou nos importantes logros dos deportistas galegos. Así, lembrou que en poucos días comezan os Xogos Olímpicos de París coa presenza de máis de 30 deportistas galegos, aos que se suman 14 máis nos Xogos Paralímpicos. “Na Xunta estamos sempre do lado do deporte e imos estar ao lado da Coruña neste tempo novo, no que agardamos diálogo construtivo para que o proxecto sexa unha cousa de todos”, engadiu.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00h | 27 nov 2024 | boletín