Xunta de Galicia

A Xunta destaca o lanzamento da VI edición do Bono Activa Comercio para o vindeiro outono co obxectivo de seguir impulsando o comercio de proximidade

A Xunta destaca o lanzamento da VI edición do Bono Activa Comercio para o vindeiro outono co obxectivo de seguir impulsando o comercio de proximidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo a unha pregunta sobre esta campaña

Destacou as excelentes cifras que afianzan o éxito da convocatoria, que na V edición se saldou con máis de 6.800 comercios adheridos, preto de 300.000 bonos descargados e 12 M de euros mobilizados en compras

Fixo fincapé no compromiso da Xunta por un sector estratéxico que repercute de xeito directo na economía e no emprego locais e remarcou a importancia da escoita activa de toda a cadea de valor para a elaboración do Plan Estratéxico de Comercio

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu hoxe na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo a unha pregunta sobre o balance da última edición do programa Bono Activa Comercio, destacando o efecto multiplicador e dinamizador nas compras do comercio de proximidade que demostra esta iniciativa pioneira que a Xunta de Galicia puxo en marcha en 2021.Gabriel Alén destacou as excelentes cifras que afianzan o éxito da convocatoria, que se saldou con máis de 6.800 comercios adheridos en toda Galicia, preto de 300.000 bonos descargados e 12 M de euros mobilizados en compras, dos que a Xunta puxo a disposición un crédito de 2,5 M de euros en descontos de ata 30 euros por persoa.Salientou, ademais, que as boas cifras da campaña abrangueron a todas as provincias. A Coruña acumulou 40.000 bonos descargados e máis de 3,7 M euros mobilizados; Lugo rexistrou 13.900 bonos descargados e unha mobilización de 1,4 M de euros en compras; en Ourense descargáronse 17.400 bonos, mobilizando 1,7 M de euros; e finalmente Pontevedra sumou 46.700 bonos descargados e 4,5 M de euros mobilizados.Alén destacou o papel fundamental do Bono Activa Comercio para o impulso do sector comercial, remarcando ademais que a Xunta poñerá en marcha a VI edición para o vindeiro outono, co obxectivo de seguir consolidando a iniciativa, chegar a máis comerciantes e continuar espertando o interese da cidadanía en consumir no comercio de proximidade.Desde 2021, nas cinco edicións que levan celebrado, mobilizáronse xa 77,7 M de euros no sector comercial retallista e descargáronse 1,3 M de bonos.Na súa intervención, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, fixo fincapé tamén no compromiso da Xunta por un sector estratéxico que repercute de xeito directo na economía e no emprego locais, así como na dinamización dos barrios e vilas.Neste sentido, destacou a importancia do proceso de escoita activa de toda a cadea de valor que se está a realizar, coa celebración de xornadas en todas as provincias e comarcas galegas, de cara á elaboración do Plan Estratéxico de Comercio. O seu obxectivo será marcar a folla de ruta que garanta a competitividade do sector e permita afrontar grandes retos como a modernización do comercio, o impulso da formación, a mellora da dixitalización ou a remuda xeracional.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN