Xunta de Galicia
A Xunta destina 1,3M? á terceira edición do Plan Corresponsables para fomentar a conciliación a través de actividades deportivas organizadas por máis dunha vintena de federacións
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou aos rapaces e rapazas que participaron esta mañá nunha actividade de bolos celtas organizada pola Federación Galega de Bolos
As dúas primeiras convocatorias do Plan permitiron a celebración de máis de 6.000 actividades ás que asistiron máis de 36.500 nenos e nenas de ata 16 anos entre os meses de xullo e novembro
Diego Calvo incidiu na importancia desta iniciativa que, con propostas socio deportivas, contribúen a facilitar a conciliación das familias galegas nas vacacións de verán ao mesmo tempo que se fomenta o hábito da práctica de deporte desde as idades máis temperás
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañou hoxe a decena de rapaces e rapazas menores de 16 anos que desfrutaron, entre outras actividades, nunha xornada de bolos celtas organizada pola Federación Galega de Bolos.Trátase dunha das propostas de animación sociodeportiva enmarcadas no Plan Corresponsables. Con esta iniciativa, a Xunta promove a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos e fillas menores a cargo, habilitando servizos de coidado profesional mediante unha ampla oferta deportiva ata finais de novembro.Diego Calvo lembrou que precisamente a finais de xullo o
publicou a resolución das solicitudes de axudas a federacións deportivas para levar a cabo a terceira edición do Plan Corresponsables. A nova orde conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros e contará coa participación de 23 federacións deportivas: baloncesto, judo e disciplinas asociadas, baile deportivo, remo, bádminton, halterofilia, ciclismo, atletismo, tenis de mesa, kickboxing, balonmán, tenis, bolos, salvamento, piragüismo, taekwondo, fútbol, boxeo, loita, montañismo, pentatlón moderno e triatlón, esgrima, e surf.O plan promove, por terceiro ano consecutivo, a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos de ata 16 anos de idade ao cargo fomentando a corresponsabilidade, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportiva para nenos e nenas e mozos e mozas destas idades. Deste xeito, mellorarase a vida cotiá das familias e a súa conciliación laboral, familiar e persoal, sobre todo coincidindo coas vacacións de verán nos centros educativos. De feito, o período de desenvolvemento das actuacións subvencionables comprenderá do 15 de xullo ao 15 de novembro deste ano.Ademais de promocionar a igualdade e a corresponsabilidade entre mulleres e homes, o Plan Corresponsables fomenta o deporte base achegándolle distintas modalidades e favorecendo a convivencia e o xogo en equipo desde as idades máis temperás e a adquisición de hábitos de vida saudables grazas aos beneficios do deporte para a saúde física e mental. Tamén axuda á creación de emprego de calidade no sector dos coidados garantindo a calidade dos servizos mediante as bolsas de coidado profesional.A contía máxima por entidade beneficiaria é de 75.000 euros. A través deste apoio, a Xunta financia os gastos derivados da habilitación de servizos de coidado profesional de nenos, nenas e mocidade ata 16 anos inclusive, isto é, custos salariais e de cotización á Seguridade Social e gastos relacionados co desenvolvemento de actividades de animación socio deportiva realizadas polas federacións no marco dos seus programas deportivos.O conselleiro de Deportes destacou que o balance das dúas edicións anteriores é moi positivo con máis de 36.500 nenos e nenas que participaron en máis de 6.000 actividades.En concreto, na convocatoria de 2022 adheríronse 18 federacións deportivas de Galicia e leváronse a cabo, entre xuño e novembro, máis de 2.500 actividades das distintas modalidades deportivas en 175 concellos ás que asistiron máis de 17.700 nenos e nenas. O desenvolvemento do plan posibilitou ademais a contratación de 364 persoas. Isto supuxo, unha superación sen precedentes das expectativas iniciais, dun aumento do 120% en participantes e do 400% en actividades.O ano pasado outorgáronse outras 17 subvencións a federacións de balonmán, e o balance tamén foi positivo con máis de 12.300 participantes en máis de 2.800 grupos de actividades en case un cento de municipios, que contribuíron á contratación de 147 persoas.Ademais, tras o éxito colleitado, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou un novo convenio coas tres universidades galegas –Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo)–, para o desenvolvemento do Plan Corresponsables cun orzamento duns 585.000 euros, sendo achegados pola Xunta 547.800 euros. Deste xeito, ao igual que as federacións deportivas, tamén poden organizar actividades e axudar a conciliar ás familias grazas ao deporte.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando